A estratosfera é a segunda capa da atmosfera, comprendida entre a troposfera e a mesosfera, entre 7 e 17 ata 50 km de altitude aproximadamente.

Características editar

Caracterízase polos movementos de aire en sentido horizontal, a temperatura aumenta a medida que aumenta a altura. Presenta unha pequena concentración de vapor de auga e temperatura constante ata a rexión limítrofe, denominada estratopausa.

Na súa parte inferior, flúe unha corrente de ar en chorro, coñecida como jet stream, que influencia a meteoroloxía das zonas temperadas; entre trinta e cincuenta quilómetros, atópase a ozonosfera, onde moléculas de ozono absorben a radiación ultravioleta do Sol debido a reaccións fotoquímicas, filtrandoas; neste punto da estratosfera, o ar quence ata unha temperatura preto de 10 °C. Na estratosfera existen as nubes de madreperla, estas son formadas pola capa de ozono; acostuma a ser moi estable, principalmente no espazo comprendido entre a tropopausa e a capa de ozono.


 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.