Estratificación social

A estratificación social é a conformación en grupos verticais diferenciados de acordo a criterios establecidos e recoñecidos. Dá conta ou é un medio para representar a desigualdade social dunha sociedade na distribución dos bens e atributos socialmente valorados. Dita desigualdade está institucionalizada, e ten unha consistencia e coherencia a través do tempo. Formas de estratificación social, xeralmente citadas, son as castas, estamentos e clases sociais.

Características editar

Un estrato social está constituído por un conxunto de persoas, agregados sociais, que comparten un sitio ou lugar semellante dentro da xerarquización ou escala social, onde comparten semellantes crenzas, valores, actitudes, estilos e actos de vida. Caracterízanse pola súa relativa cantidade de poder, prestixio ou privilexios que posúen. Aínda que o punto central da estratificación refírese á distribución de bens e atributos a estratificación social, aínda que tamén se pode considerar sobre a base da etnicidade, xénero e idade.

O termo estratificación social emprégase ás veces como sinónimo de clase social por algúns economistas, sociólogos e científicos políticos debido a que non posúe a connotación marxista que si ten o termo clase social.

Segundo Max Weber a estratificación social divídese en tres recoñecementos:

  • Clase: Economía
  • Status: Social
  • Poder: Político

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bendix, R e Lipset S.M. (editores). 1972. Clase, status y poder. Euramérica. Madrid.
  • Grusky, D.B. (editor). 1992. Social Stratification. Class, Race and Gender in Sociological Perspective. Westview Press. Boulder.
  • Tumin, M.M. 1975. Estratificación social. Formas y funciones de desigualdad. Trillas. México.

Outros artigos editar