Aeroporto de Estocolmo-Skavsta

(Redirección desde «Estocolmo-Skavsta»)

O aeroporto de Estocolmo-Skavsta ou Aeroporto de Nyköping (IATA: NYO, ICAO: ESKN) é un aeroporto internacional sueco situado preto da cidadao suroeste de Estocolmo. Nel operan aeroliñas de baixo custo e de carga e é o quinto aeroporto máis grande de Suecia, cunha capacidade para manexar anualmente a 2,5 millóns de pasaxeiros.[1]

Aeroporto de Estocolmo-Skavsta
Stockholm Skavsta flygplats

IATA: NYO – ICAO: ESKN
Sumario
Tipo público
Operador ADC & HAS
Coordenadas Coordenadas: 58°47′19″N 16°54′44″L / 58.788611111111, 16.912222222222
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
08/26 2 878 9 442 asfalto
16/34 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 2 025 055

O aeroporto está situado lonxe do municipio e do condado de Estocolmo, pero usa a palabra "Estocolmo" con propósitos promocionais. Localmente faise referencia a el sinxelamente como "Skavsta".

Historia editar

Foi unha base aérea durante a segunda guerra mundial e usouse como aeroporto militar ata o ano 1980 cando se deixou fóra de servizo.

O concello de Nyköping, onde se atopa o aeroporto, decidiu en 1984 facerse co seu control e retomar as súas actividades. En 1998 o concello puxo o 90% do capital do aeroporto á venda, co obxectivo de fortalecer a súa xestión comercial e permitir investimentos para a súa expansión. Mercaron esa parcela de accións e comezou a transformación de Skavsta, que se converteu no segundo aeroporto de Estocolmo e a opción favorita para os que viven ao sur da capital.[2]

O aeroporto ten capacidade para 2,5 millóns de pasaxeiros anuais e está deseñado para expandirse no futuro.[1] É propiedade de ADC & HAS, a mesma compañía que ten os aeroportos de Belfast, Orlando, Liberia (Costa Rica), San José e Quito.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Ryanair Alacant, Beauvais, Bergamo, Charleroi, Gdańsk, Cracovia, Londres-Stansted, Málaga, Malta, Memmingen (comeza en outubro de 2017),[3] Niš (comeza en outubro de 2017), Podgorica, Sofía, Warsaw-Modlin, Weeze
Estacional: Barcelona, Béziers, Biarritz, Bremen, Brindisi, Chania, Gran Canaria, Nápoles, Palma de Mallorca, Paphos, Pisa, Rodas, Rijeka, Roma-Ciampino, Tenerife–Sur, Tesalónica, Treviso, Zadar
Wizz Air Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Gdańsk, Katowice, Lublin, Poznań, Skopje, Vilnius, Varsovia-Chopin, Wrocław
Estacional: Tuzla

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Stockholm Skavsta Corporate Information". Consultado o 27 de agosto de 2017. 
  2. Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Företagsinformation om Stockholm Skavsta Flygplats". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  3. Stockholm Skavsta Airport (ed.). "Memmingen new route with Ryanair". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017.