Esther Vilar

escritora arxentina

Esther Margareta Katzen, nada en Buenos Aires o 16 de setembro de 1935, é unha escritora, socióloga, psicóloga e médica arxentina coñecida como Esther Vilar. Vilar apoia o que ela chamou "feminismo feminino", onde non se reproduce o concepto de que o home domina é a muller é vítima. Desde a súa tese busca inspirar a muller para que non dependa, logre posicionamento e liderado laboral e sexa sexualmente libre.

Infotaula de personaEsther Vilar

(1977) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dublín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsicóloga , socióloga , escritora , médica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeKlaus Wagn (1961–1975)

IMDB: nm0897381 Musicbrainz: 1fa5851d-b0d9-4926-8449-0872f0aff273 Discogs: 1480567 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os pais de Vilar eran emigrantes xudeus alemás, que se separaron cando ela tiña tres anos.

Estudou medicina na Universidade de Buenos Aires e en 1960 recibiu unha bolsa para continuar na República Federal Alemá os seus estudos de mestrado en psicoloxía e socioloxía. Traballou como médica nun hospital bávaro durante un ano e ademais traballou como tradutora, vendedora, traballadora nunha liña de montaxe nunha fábrica de termómetros, modelo de zapatos e secretaria.[1]

Esther casou co autor alemán Klaus Wagn en 1961.[2] Tiveron un fillo, Martin, nado en 1964. O matrimonio rematou en divorcio. Con respecto ao divorcio, Esther dixo:

Non rompín co home, só co matrimonio como institución.[3]

Abandonou a medicina para dedicarse a escribir. O fundamento da súa postura "feminista feminina" estableceuse na triloxía inicial que Vilar escribiu baixo o estilo de panfletos: El varón domado (1971), El varón polígamo (1974) e Modelo para un nuevo machismo (1977). Unha das ideas principais do seu libro El varón domado é que a muller non está oprimida polo varón senón que é a muller a que controla o varón para que sexa o seu escravo de benestar e isto é algo do que o home moitas veces non é consciente. Para iso, a muller compromete o home empregando estratexias de sedución, así como gabanzas, administrados coidadosamente. El varón domado foi bastante popular no momento da súa publicación, en parte debido á considerable cobertura da prensa que recibiu.[4] Vilar aperece en The Tonight Show o 21 de febreiro de 1973 para discutir sobre o libro. En 1975 foi convidada a un debate televisivo por WDR con Alice Schwarzer, que despois se fixo célebre como representante do movemento das mulleres nesa época. O debate foi controvertido, e Schwarzer afirmou que Vilar era[5] "non só sexista, senón fascista", comparando o seu libro co xornal nazi Der Stürmer.[6]

Nos anos posteriores dedicouse sobre todo ao teatro, con pezas como La sonrisa de la barracuda, Speer (sobre o arquitecto Albert Speer, posta en escena en Berlín e Londres, dirixida e protagonizada por Klaus Maria Brandauer), Horario de una venganza ou El discurso inaugural de la papisa americana e escribiu o suspense erótico Hablar y callar en Palermo en 2008.

Vilar viviu nos Estados Unidos, Alemaña, Suíza, Italia, Francia, España e Irlanda, antes de instalarse definitivamente no Reino Unido.

Obra editar

  • El varón domado (1971)
  • El varón polígamo (1974)
  • Modelo para un nuevo machismo (1977)
  • Das Ende der Dressur (1977)
  • Viejos (1981)
  • El discurso inaugural de la papisa americana (1982)
  • Historia de amor para un zoólogo (1985)
  • Las Matemáticas de Nina Gluckstein (1985)
  • El encanto de la estupidez (1987)
  • La educación de los ángeles (1995)
  • ¿Es inmoral el matrimonio? (1995)
  • Católicas del mundo, uníos (1996)
  • Prohibido pensar (1998)
  • Speer (1998)
  • Los siete fuegos de Mademoiselle (2001)

Notas editar

  1. Weinraub, Judith (13 de xuño de 1972). The New York Times, ed. "She Says It's the Men Who Are Enslaved (Published 1972)" (en inglés). Nova York. 
  2. Wünsch dir was Der Spiegel, 27 de decembro de 1971 (en alemán). Consultado o 20 de decembro de 2011.
  3. Author Esther Vilar Lashes Out At Women Star-Banner, 14 de xuño de 1972. Consultado o 20 de decembro de 2011.
  4. E. Vilar, "Der dressierte Mann", radio-interview Arquivado 03 de maio de 2012 en Wayback Machine. ARD, 7 de novembro de 1971 (en alemán). Consultado o 19 de decembro de 2011.
  5. Im Clinch Der Spiegel, 10 de febreiro de 1975 (en alemán). Consultado o 20 de decebmro de 2011.
  6. Frau gegen Frau Die Zeit, 16 de xuño de 2005 (en alemán). Consultado o 20 de decembro de 2011.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar