Esther Cervera
Esther Cervera Barriga, nada en Ceuta o 26 de abril de 1973, é unha xornalista española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Esther Cervera Barriga 26 de abril de 1973 (51 anos) Ceuta, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Facultade de Ciencias da Información - bibliotecoloxía (1991, 2002–1997, 2012) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo e ensino |
Ocupación | presentadora de televisión , locutor , xornalista , profesora universitaria |
Período de actividade | 1995 - |
Empregador | RTVE (2018–2019) Banijay Iberia (en) (2015–2018) Universidade Antonio de Nebrija (2012–2013) Universidade San Pablo CEU (2012–) Grupo PRISA (1993–2012) Unidad Editorial (en) Universidade Pontificia de Salamanca Ábside Media (pt) Universidade San Pablo CEU, investigadora |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Páxina web | esthercerveramedia.wordpress.com |
Traxectoria editar
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Madrid. Iniciou a súa carreira profesional na Cadena SER como redactora e locutora de radio de deportes en SER Deportivos, El larguero, Hora 14 Fin de Semana e Carrusel Deportivo, onde foi responsable da produción do mesmo.
En novembro de 1998 formou parte do equipo fundacional de CNN+ como editora e presentadora de deportes. Despois incorporouse ó persoal de presentadores de informativos da canle de noticias.
Coa posta en marcha de Cuatro pasou a presentar e editar a información deportiva en Noticias Cuatro Fin de Semana. En abril de 2007 regresou a CNN+, onde presentou a edición matinal de fin de semana até o peche da canle o 28 de decembro de 2010. Nos últimos anos compaxinaba o seu traballo coa investigación doutoral universitaria.
Obra editar
- CNN+. Mucho más que noticias. 12 años de periodismo e información continua (Editorial Fragua, 2011)