Ester Kuntu

actriz estoniana

Ester Kuntu, nada o 7 de agosto de 1990, é unha actriz estoniana.

Infotaula de personaEster Kuntu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Talín, Estonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEstonian Academy of Music and Theatre (en) Traducir (–2016) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5334135 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Debutou en 2012 na serie de televisión Nurjatud tüdrukud[1] e en 2016 graduouse na Escola de Artes Escénicas da Academia Estoniana de Música e dende aquela traballa como actriz independente [2] en diversas compañías teatrais, como a do Teatro Dramático de Estonia, Vanemuine ou VAT Teatri e tamén no cinema. Entre os seus papeis teatrais salientan o de Laura Laura Wingfield en Klaasist loomaaed de Tennessee Williams, Éliante en Misantroop de Molière, Marie Under en Siuru õhtu 100 de Hugo Raudsepp, Karen en Saraband con texto de Ingmar Bergman ou Lauren en Kriidiaed de Enid Bagnold. En 2019 logrou o premio Kristallkingakese que se outorga a actores novos no ámbito teatral.

No cinema debutou en 2016 cun papel en Polaarpoiss de Anu Aun e ao ano seguinte actuou en Keti lõpp pero o seu papel máis relevante foi o de Mari no filme de Tanel Toom Tõde ja õigus, o filme estoniano con maior recadación dende a independencia e recibiu o premio ao mellor filme estoniano de 2019 da Asociación Estoniana de Xornalistas de Cinema[3] e o 2 de setembro de 2020 Kuntu recibiu o premio da Cinema e Televisión Estoniana (EFTA) á mellor actriz pola súa interpretación no filme[4].

Notas editar