Esteban Yáñez

actor, músico e blogueiro galego

Esteban Yánez Pazos, nado en Ferrol en 1984 e finado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 2020[1], foi un actor, músico e blogueiro galego.

Infotaula de personaEsteban Yáñez
Biografía
Nacemento(gl) Esteban Yáñez Pazos Editar o valor em Wikidata
1984 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , blogueiro , músico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
1 de decembro de 1995Pratos combinados
18 de abril de 1994Xabarín Club Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1617410 Twitter: Snob Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na súa adolescencia, participou no programa infantil e xuvenil da TVG Xabarín Club como "Arroz Hacker"[2]. Tamén foi actor na serie da televisión autonómica galega Pratos combinados[3].

Con 18 anos comezou a súa traxectoria no mundo dos blogs con “Soy un snob neurótico” na plataforma Blogspot. En 2004 abriu a bitácora “Imbéciles e escuros”. Tamén abriu blogs en Blogaliza e Tumblr. Entre os seus proxectos musicais estivo Os Megaloves, dúo que uniu a Yánez, co seu alcume Snob Megalove, e Vil Megalove. En 2009 comezou o podcast “Amor en bruto”, e como DJ Pezuñitas facía seleccións musicais en Last.fm e Spotify. Era membro do comité de redacción da revista Luzes[4][5], e entre as numerosas iniciativas nas que participaba estaba a Comisión de Historia da Gentalha do Pichel[6]. Nos últimos anos estivo activo na rede social Twitter como @Snob[7][8].

Finou o 21 de abril de 2020 no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela vítima da COVID-19 aos 35 anos[9][10].

Notas editar

  1. "Muere Esteban Yánez, actor gallego, a los 35 años por COVID-19". Europa Press. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  2. "Morre aos 35 anos o actor e músico galego Esteban Yáñez". La Voz de Galicia. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  3. "Muere Esteban Yáñez, actor en 'Xabarín Club' y 'Pratos Combinados', a los 35 años por coronavirus". 20 Minutos. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  4. Pereiro, Xosé Manuel. "Twitter Xosé Manuel Pereiro". Twitter. 
  5. "Muere el actor Esteban Yáñez a los 35 años, la víctima gallega más joven del coronavirus". Faro de Vigo. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  6. "Pesar polo falecemento do actor e músico Esteban Yáñez aos 35 anos". Nós Diario. 21/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  7. Yáñez, María. "Esteban Yáñez. O tipo máis querido e brillante da internet galega". VINTE - Praza Pública. Consultado o 20/05/2020. 
  8. "@Snob". Twitter. Consultado o 20/05/2020. 
  9. "Muere el actor Esteban Yáñez víctima del coronavirus a los 35 años". ABC. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020. 
  10. "Esteban Yáñez, el actor gallego que marcó a una generación con sus programas infantiles". El Español. 22/04/2020. Consultado o 20/05/2020.