Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia

O Estatuto de Autonomía da Rexión de Murcia é a norma institucional básica da Rexión de Murcia. O Estatuto foi aprobado polas Cortes Xerais mediante a Lei Orgánica 4/1982 de 9 de xuño.

Este Estatuto foi reformado tres veces. En marzo de 1991, produciuse a primeira, que estableceu as eleccións o cuarto domingo de maio cada catro anos. O 28 de febreiro de 1992 producíronse uns Acordos Autonómicos entre o PSOE e o PP que aumentaron as competencias de varias autonomías entre as que estivo incluída a Rexión. Esta gañou competencias en educación e ordenación do litoral, entre outras. A terceira reforma produciuse o 15 de xuño de 1998 e aumentou de 45 a 55 o número de deputados.

Na VIII lexislatura española, numerosas Comunidades decidiron reformar os seus Estatutos. A Rexión polo seu lado, está en proceso de estudo sobre a necesidade ou non de reforma, onde unha Comisión de Estudo e Valoración para a Reforma do Estatuto encárgase deste feito.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar