Estat Català (EC) é un partido independentista catalán fundado por Francesc Macià o 18 de xullo de 1922. Coa chegada da ditadura de Primo de Rivera o partido pasou a ser ilegal e a súa sección paramilitar, La Bandera Negra, realizou accións armadas contra a ditadura e tentou sen éxito asasinar a Afonso XIII (1925). No ano 1926 EC organizou o Exèrcit Català para realizar unha tentativa de invasión armada de Cataluña desde a fronteira francesa (Els Fets de Prats de Molló) que fracasou pola intervención da xerdamería francesa pero que tivo ampla difusión na prensa internacional ó ser detidos e xulgados os responsables da acción en París. En 1931, xunto co Partit Republicà Català e o grupo L'Opinió fusionáronse en Esquerra Republicana de Catalunya. EC conservou unha ampla autonomía dentro de ERC e durante a guerra civil formou unidades de combate propias.

Estat Català
Logo
Tipopartido político catalán
IdeoloxíaIndependentismo catalán e Catalanismo
Data de fundación1922
Presidente/aJosep Andreu Domingo (pt) Traducir (2023-) Editar o valor em Wikidata
SedeBarcelona
PaísEspaña
Na rede
https://www.estatcatala.cat/
editar datos en Wikidata ]

Durante a segunda guerra mundial integrouse na Front Nacional de Catalunya ata que en 1947 decidiu marchar da organización. No franquismo EC reorganizouse no exilio francés e mantivo unha certa estrutura no interior de Cataluña. EC foi legalizado en 1977 e mantense actualmente en activo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar