Estadio de Gran Canaria

Coordenadas: 28°06′00″N 15°27′24″O / 28.1, -15.456667

O Estadio de Gran Canaria é un estadio de fútbol da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Canarias, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos da Unión Deportiva Las Palmas, equipo que milita actualmente na Segunda División.

Gran Canaria
Datos
LocalizaciónAs Palmas, España
Construción
Inauguración8 de maio de 2003
ArquitectoPedro Medina
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade31.250
PropietarioCabido de Gran Canaria
LocalíaUD Las Palmas
Eventos
  • Partidos internacionais

Inauguración editar

O Estadio de Gran Canaria foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht, no que se rexistrou o seu primeiro cheo. O resultado do encontro foi un 2-1 favorable ao conxunto canario. O primeiro gol anotado neste escenario conseguiuno o futbolista grancanario Rubén Castro. Sucesor do Estadio Insular, onde ata entón xogaba os seus partidos caseiros a UD Las Palmas, o Estadio de Gran Canaria conta con pistas de atletismo.

Partidos internacionais editar

O seleccionador Luis Aragonés dirixiu o seu primeiro amigable coa selección española neste estadio, fronte á selección de Venezuela, o 18 de agosto de 2004. O partido terminou coa vitoria dos españois por 3-2.

O 18 de maio de 2007, a Real Federación Española de Fútbol acordou designar ao Estadio de Gran Canaria como sede do partido que enfrontou a España e Irlanda do Norte (1-0) o 21 de novembro de 2007, valedoiro para a fase de clasificación da Eurocopa 2008.

 
Partido entre España e Irlanda do Norte, 21 de novembro de 2007

Tras varios anos de ausencia, a Selección de fútbol das Canarias reaparece ante Angola no Estadio de Gran Canaria o 28 de decembro de 2007 (2-0).

Coa celebración do derbi rexional entre a UD Las Palmas e o CD Tenerife o 5 de abril de 2008, o Estadio de Gran Canaria rexistrou unha entrada de 29.123 espectadores, o que lle converte no derbi con maior asistencia da historia do fútbol canario.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar