Estadio Santiago de Compostela

estadio de fútbol en Salvador, Baía

Coordenadas: 12°59′00″S 38°28′23″O / -12.983333, -38.473056

O Estadio Santiago de Compostela, máis coñecido como Parque Santiago ou PST, é un estadio de fútbol situado na cidade brasileira de Salvador.

Estadio Santiago de Compostela
Datos
Localización Salvador, Baía
Construción
Inauguración1995
Estadio
Capacidade2.000
PropietarioGalícia Esporte Clube

Situado no barrio de Brotas, ten capacidade para 2000 espectadores e é propiedade do Galícia Esporte Clube.

Historia editar

Comezou a ser construído na década de 1980 polo Galicia, que ata entón tiña utilizado outros estadios como o antigo Campo da Graça, o Fonte Nova ou o Pituaçu. Inaugurouse o 11 de febreiro de 1995, despois de rematar a primeira fase de construción.[1]

Uns anos antes de inaugurarse, na preparación para a Copa América de 1989, foi o campo de adestramento oficial da selección brasileira de fútbol.

Debido ás dificultades económicas do Galícia, o estadio foi construído cunha capacidade de só 2.000 espectadores. Debido aos criterios do Estatuto do Torcedor, á súa capacidade relativamente baixa e a que unha tormenta danou parte das bancadas, non se puido empregar para partidos profesionais. No seu lugar, o Galícia ten utilizado outros estadios de Salvador, principalmente o estadio Roberto Santos e, en menor medida, o Manoel Barradas, e o Octávio Mangabeira (antes da súa demolición). Con todo, o estadio usouse para adestrar e disputar partidos amigables, partidos do equipo feminino, de fútbol base e de rugby.

En 2020, durante o mandato na presidencia do Galícia de Manolo Muiños, iniciouse unha reforma do estadio, demoléndose as vellas bancadas.[2][3]

Debido á orixe galega do club, no estadio hai unha capela dedicada ao Apóstolo Santiago.[4]

Notas editar

  1. "Estádio Parque Santiago". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de janeiro de 2009. 
  2. "As obras serão iniciadas no Parque Santiago" (en portugués). 4 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  3. "Arquibancadas do Parque Santiago são demolidas durante obras no CT do Galícia" (en portugués). 29 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  4. "Estadio Parque Santiago". galiciaec.com.br (en portugués). Consultado o 15 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar