Estadio Royal Bafokeng

Coordenadas: 25°34′43″S 27°09′39″L / -25.578611111111, 27.160833333333

O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Royal Bafokeng
Royal Bafokeng-stadion
Datos
LocalizaciónRustenburg, Suráfrica
Construción
Inauguración1999
Renovación2009
Custo$270 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade44.530
PropietarioTribo Royal Bafokeng
Eventos

Historia editar

Construído en 1999, orixinalmente para a práctica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.[1]

A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non conta con equipo propio. Tamén neste estadio se xogaron encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.[2]

Copa do Mundo 2010 editar

Partidos editar

 
Interior do Royal Bafokeng.

O Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Inglaterra  
1 - 1
  Estados Unidos
38.646
15 de xuño Primeira rolda Nova Zelandia  
1 - 1
  Eslovaquia
23.871
19 de xuño Primeira rolda Ghana  
1 - 1
  Australia
34.812
22 de xuño Primeira rolda México  
0 - 1
  Uruguai
33.425
24 de xuño Primeira rolda Dinamarca  
1 - 3
  Xapón
27.967
26 de xuño Oitavos de final Estados Unidos  
1 - 2
  Ghana
34.976

Notas editar

  1. "Terra: Copa Confederacións". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 24 de abril de 2021. 
  2. "Fifa.com: Royal Bafokeng Stadium.". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar