Estadio Príncipe Felipe

Coordenadas: 39°29′14″N 6°24′44″O / 39.487130555556, -6.4123472222222

O Estadio Príncipe Felipe é un recinto deportivo para a práctica do fútbol situado na cidade de Cáceres, España, na estrada de Salamanca. Foi inaugurado o 26 de marzo de 1977.

Estadio Príncipe Felipe
Vista aérea do estadio
Datos
LocalizaciónCáceres, Estremadura
España
Construción
Inauguración26 de marzo de 1977
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións105x73
Capacidade7.000
PropietarioClub Polideportivo Cacereño
LocalíaClub Polideportivo Cacereño

O estadio acolle os partidos como local do Club Polideportivo Cacereño, nos que pasou pola Copa do Rei, Segunda División B e Terceira División de España.

O estadio inaugurouse cun partido entre os equipos da Selección Estremeña e o CP Cacereño. O primeiro partido ligueiro que rexistrou o novo estadio foi o 10 de abril de 1977, partido no que o Cacereño venceu por 3-1 ao Ceuta. Ata o 29 de maio de 1981 o estadio non inaugurou iluminación artificial.

Historia editar

O estadio acolleu partidos de gran nivel como un amigable entre España e Romanía en abril de 1991 onde se colocaron bancadas supletorias nos dous fondos e nos laterais da tribuna para a ocasión, tendo un cheo absoluto de 15.000 espectadores. Tamén se celebrou un partido oficial de 1ª División entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña en xaneiro de 1992 onde houbo cheo completo de 7.000 espectadores, como tamén no partido contra o Cádiz en 2002 en Segunda B. Acolleu o partido sub-18 entre España e Alemaña en maio de 1992. Ademais foi sede de concertos de primeiro nivel como os de Dire Straits ou Sting.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar