Estadio El Toralín

Coordenadas: 42°33′27″N 6°36′00″O / 42.5574, -6.599972

O Estadio El Toralín é un estadio de fútbol español da cidade berciana de Ponferrada, e serve como sede local á SD Ponferradina. Inaugurado o 5 de setembro de 2000, ten capacidade para 8.200 espectadores.

Estadio El Toralín
Datos
LocalizaciónPonferrada, España
Construción
Inauguración5 de setembro de 2000
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 70
Capacidade8.800
PropietarioConcello de Ponferrada
LocalíaSD Ponferradina

Historia editar

El Toralín construíuse en substitución do anterior campo da SD Ponferradina, o Fuentesnuevas, que á súa vez substituíra o primeiro campo da entidade, o Santa María. Inaugurouse o 5 de setembro de 2000 nun encontro da SD Ponferradina contra o Celta de Vigo (0-2). O estadio remodelouse nunha ocasión, co gallo do ascenso da SD Ponferradina á Segunda División en 2006, momento no que se ampliaron tódalas bancadas até a actual capacidade e se reformaron o palco e as cabinas de prensa. Actualmente reúne as características que a UEFA impón para disputar partidos en competicións internacionais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar