Estadio Carlos Tartiere (2000)

(Redirección desde «Estadio Carlos Tartiere»)

Coordenadas: 43°21′39″N 5°52′13″O / 43.360783, -5.870222

O Estadio Carlos Tartiere, de nome idéntico ao antigo, é un estadio de fútbol da cidade asturiana de Oviedo, en España. Nel xoga os seus partidos como local o Real Oviedo dende 2000 e o campo recibe este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.

Estadio Carlos Tartiere
Novo Carlos Tartiere
Datos
LocalizaciónOviedo, España
Construción
Inauguración20 de setembro de 2000
ArquitectoCarlos Buxadé Ribot
Joan Margarit Consarnau
Emilio Llano
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade30.500
PropietarioConcello de Oviedo
LocalíaReal Oviedo
Eventos

Ten capacidade para 30.500 espectadores, todos eles sentados. Ademais conta cun palco de honra e máis de 200 asentos VIP. O estadio está cualificado con catro estrelas pola UEFA.

Historia editar

Foi inaugurado oficialmente o 20 de setembro de 2000 cun partido amigable entre o Oviedo e o Partizan de Belgrado, aínda que o día 17 xa se fixera de forma oficiosa nun partido de liga de Primeira División entre o Oviedo e a UD Las Palmas. O primeiro gol neste estadio marcouno o xogador da UD Las Palmas, Robert Jarni, de penalti.

Partidos internacionais editar


España   4:1   Bosnia e Hercegovina 2 de xuño de 2001
Asistencia: 26.000
Árbitro: Roy Olsen (Noruega)
Hierro 26'
Javi Moreno 76'
Raúl 89'
Diego Tristán 92'
Beslija 41'
 


España   2:0   Letonia 12 de setembro de 2007
Asistencia: 27.500
Árbitro: Alon Yefet (Israel)
Xavi 13'
Torres 80'
 


España   2:0   Polonia 4 de setembro de 2009
Asistencia: 12.000
Árbitro: Andre Marriner (Inglaterra)
Joselu 7'
Parejo 57'
 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar