Estación de Tafalla

Coordenadas: 42°31′33″N 1°40′17″O / 42.525743, -1.671432

A estación de Tafalla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Tafalla, en Navarra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Tafalla
SituaciónTafalla (Navarra)
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaRexional Exprés

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 138,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón de Ebro e Altsasu, a 421,5 metros de altitude.[1]

Historia editar

A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2013 os seus usuarios comezaron a preocuparse pola posible desaparición desta estación, dado que o proxecto do tren de alta velocidade de Navarra non contempla unha estación en Tafalla. Por este motivo solicitaron o apoio de máis de 3.000 veciños da comarca de Tafalla cunha recollida de firmas. O 15 de setembro de 2013, con motivo do 153 aniversario da inauguración desta estación, convocaron un acto nas súas instalacións para reivindicar o seu mantemento.[4]

A estación editar

Sitúase ao oeste do núcleo urbano. O edificio para viaxeiros nunha ampla estrutura formada por un pavillón central de tres pisos e dúas ás laterais de menor altura. Os seus vans, están decorados con arcos de medio punto. Ten tres plataformas, unha lateral e dúas centrais ás que acceden tres vías. Dispón de venda de billetes, sala de espera, aseos e cafetería. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.

Servizos ferroviarios editar

Longa distancia editar

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido

Media distancia editar

Actualizado a 22 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona
26 Rexional Exprés Castejón de Ebro <> Vitoria

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  3. 3,0 3,1 Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway
  4. "Los tafalleses no quieren perder el tren". www.noticiasdenavarra.com (en castelán). Consultado o 2022-04-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar