Estación de Ordes-A Pontraga
antiga estación de tren na Pontraga (Numide, Tordoia)
(Redirección desde «Estación de Ordes - A Pontraga»)
Coordenadas: 43°03′13″N 8°26′49″O / 43.05361111, -8.44694444
Ordes-A Pontraga foi unha estación de tren de Adif, situada na Pontraga, no concello de Tordoia, provincia da Coruña, no límite co concello de Ordes. Non ten servizos de viaxeiros e emprégase como escola obradoiro.
Ordes-A Pontraga | |
---|---|
Antiga estación de Ordes. | |
Situación | Tordoia |
A estación inaugurouse o 14 de abril de 1943 dentro do trazado orixinal da liña que unía Zamora e A Coruña. Coa construción do Eixe atlántico de alta velocidade, esta estación foi substituída pola nova estación de Ordes en 2003.