Estación de Laxosa

estación de ferrocarril en Laxosa, O Corgo

Coordenadas: 42°57′28″N 7°28′54″O / 42.95776365395, -7.4816307270715

Laxosa é un apeadoiro de Adif, situado en Laxosa, no concello do Corgo, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Laxosa
SituaciónO Corgo

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 421,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Lugo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi aberta ao tráfico o 2 de agosto de 1878 coa posta en marcha do tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[2]

Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.[3]

A estación editar

O edificio para viaxeiros é de base rectangular e dúas alturas. Dispón de dúas vías, unha pasante e outra lateral á que se accede dende unha plataforma lateral.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar