Estación Libre é un grupo activista fundado no 1997 para traballar en solidariedade co Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) en San Cristóbal de las Casas, no estado de Chiapas, México. Foi creado especificamente para reforzar "as conexións entre as comunidades de cor estadounidenses entre elas e co movemento zapatista".

Características editar

Conforme co seu ideario, o movemento internacional de solidariedade co Exército Zapatista de Liberación Nacional estaría dominado polos brancos, e o grupo trataría de vencellar aos activistas das comunidades de cor dos Estados Unidos coa poboación indíxena de Chiapas.

Un dos proxectos da organización consiste en mandar brigadas de xente de cor estadounidense a Chiapas a traballar coas comunidades zapatistas e construír lazos para un futuro traballo de solidariedade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar