Denomínase estípula a unha estrutura, xeralmente laminar, que se forma a cada lado da base foliar dunha Traqueófita. Adoita atoparse unha a cada lado da base da folla, ás veces máis. Xeralmente son asimétricas e, en certo xeito, son imaxes especulares unha doutra. As estípulas poden ser:

  • libres ou laterais: non se adhiren ao pecíolo, fican unidas só ao talo;
  • adnatas, peciolares ou vaxinais: sóldanse ao pecíolo nun treito máis ou menos longo;
  • interpeciolares ou caulinares: dous estípulas de follas opostas se sueldan no seu punto de contacto;
  • intrapeciolares ou axilares: dúas estípulas da mesma folla sóldanse por riba do pecíolo;
  • opositifolias ou opostas: dúas estípulas da mesma folla sóldanse dando a volta polo lado oposto ao pecíolo;
  • ambiguas: sóldanse ao talo e ao pecíolo (termo pouco usado);
  • envainadoras
Estípula glandular de Euphorbia pteroneura.
Estípulas fusionadas e con forma de folla en Alchemilla mollis.

As estípulas poden aparecer como órganos foliáceos, espiñas, glándulas, pelos, escamas. A súa presenza está relacionada coa anatomía do que soporta a folla.

As estruturas que remedan estípulas nas bases dos folíolos reciben o nome de estipelas (p. ex. no xénero Thalictrum ou nalgunhas Fabaceae).

Notas editar

Font Quer, P. 1982. Dicionario de Botánica. Editorial Labor, Barcelona etc. 1244 páxs.