Estádio do Dragão

Coordenadas: 41°09′42″N 8°35′02″O / 41.161758, -8.583933

O Estádio do Dragão é un estadio de fútbol portugués localizado en Porto, con capacidade para 50.399 espectadores. Serve de localía ao FC Porto.

Estádio do Dragão
Datos
LocalizaciónPorto, Portugal
Construción
Inauguración16 de novembro de 2003
ArquitectoManuel Salgado
Custo98 millóns de euros
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 68
Capacidade52.000
PropietarioFC Porto
LocalíaFC Porto (2003– )
Eventos
Eurocopa 2004

Historia editar

O estadio construíuse para substituír o vello Estádio das Antas, e inaugurouse o 16 de novembro de 2003 nun encontro amigable do FC Porto contra o FC Barcelona, partido no que debutou Lionel Messi no conxunto catalán.

Nel xogáronse 5 encontros da Eurocopa 2004 organizada por Portugal. Un deses encontros foi o inaugural do torneo, que enfrontou a Portugal con Grecia. Outros encontros foron o Italia-Suecia, o Alemaña-Países Baixos, o Chequia-Dinamarca de cuartos de final e o Grecia-Chequia das semifinais.

 
Interior do Estadio do Dragão.

Eurocopa 2004 editar

Partidos editar

O Estádio do Dragão albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, entre eles o partido inaugural do torneo, un de cuartos de final e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
12 de xuño Primeira rolda Portugal  
1–2
  Grecia
48.761
15 de xuño Primeira rolda Alemaña  
1–1
  Países Baixos
48.197
18 de xuño Primeira rolda Italia  
1–1
  Suecia
44.926
27 de xuño Cuartos de final República Checa  
3–0
  Dinamarca
41.092
1 de xullo Semifinal Grecia  
1–0
  República Checa
42.449

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar