O esquematismo é unha forma de representar obxectos reais cun estilo caracterizado polo uso de trazos simbólicos e simplificados que non pretenden ser realistas. O debuxo resultante, usualmente, omite detalles irrelevantes para a información que interesa resaltar e, así mesmo, os elementos son reducidos a diagramas arbitrarios ou convencionais que rozan a abstracción e que, malia iso, son doadamente accesibles á comprensión humana.

A miúdo engádense símbolos abstractos de difícil interpretación se o debuxo está fóra de contexto, pero a comprensión dos mesmo aumenta a medida que o espectador familiarízase cos elementos icónicos e diagramas empregados.

O esquematismo é un recurso artística que se dá en numerosas correntes ao longo de toda a Historia; pero tamén é utilizado noutros campos da vida humana nos que se necesita un sistema comunicativo universal e accesible, por exemplo, os sinais de tráfico, os planos, os esquemas de reparación ou montaxe de obxectos compostos, os procesos científicos (ex. a representación gráfica propia da fórmulación en química orgánica).