Esperidião Amin
Esperidião Amin Helou Filho, nado en Florianópolis o 21 de decembro de 1947,[1] é un político brasileiro de ideoloxía conservadora. Recibiu en 1999 a Medalla de Ouro de Galicia.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1947 (76 anos) Florianópolis, Brasil |
Senador do Brasil | |
Deputado federal do Brasil | |
Lexislatura: 55ª legislatura do Congresso Nacional do Brasil (pt) Circunscrición electoral: Santa Catarina (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Universidade Federal de Santa Catarina (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Brasilia |
Ocupación | político , avogado , empresario |
Partido político | Partido Democrático Social (pt) |
Lingua | Lingua portuguesa |
Familia | |
Cónxuxe | Ângela Amin |
Fillos | João Amin (pt) |
Premios
| |
Traxectoria editar
Nado nunha familia de empresarios e políticos de orixe libanesa e italiana.[3]
Amin estudou Administración de Empresas e Dereito na Universidade Federal de Santa Catarina. Realizou un máster en xestión e é profesor das áreas de empresa, economía, dereito e planificación na UFSC.
Foi elixido dúas veces gobernador do Estado de Santa Catarina e dúas veces alcalde da cidade de Florianópolis, a súa capital. Foi Senador da República entre 1991 e 1999 e presidente nacional do partido de dereita conservadora PP - Progressistas. En 1994, presentouse á presidencia do Brasil, pero non foi elixido.
Vida persoal editar
Está casado con Angela Amin, deputada federal no Congreso Nacional do Brasil e dúas veces alcaldesa de Florianópolis.
Honras editar
- Medalla de Ouro de Galicia (1999)
- Orde do sol nacente, raios de ouro e cinta do pescozo (2023) [4]
Notas editar
- ↑ "Esperidião Amin Helou Filho". Conheça Santa Catarina (en portugués). Consultado o 2024-02-29.
- ↑ "DOG 213 do 04/11/1999 - DECRETO 278/1999, do 28 de outubro, polo que se concede a Medalla de Ouro de Galicia a Esperidião Amin Helou Filho, gobernador do Estado de Santa Catarina (Brasil).". www.xunta.gal. Consultado o 2024-02-29.
- ↑ "Biografias / Esperidião Amin / Memória Política de Santa Catarina". memoriapolitica.alesc.sc.gov.br. Consultado o 2024-02-29.
- ↑ "令和5年秋の外国人叙勲 受章者名簿 ; Ministry of Foreign Affairs of Japan /arquivos" (PDF). www.mofa.go.jp.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Esperidião Amin (en portugués)
- Sitio web oficial de Angela Amin (en portugués)