Maureen O'Sullivan

Maureen Paula O'Sullivan, nada en Boyle (condado de Roscommon) o 17 de maio de 1911 e finada en Scottsdale (Arizona) o 23 de xuño de 1998, foi unha actriz irlandesa-estadounidense. Alcanzou popularidade por interpretar o papel de Jane, a compañeira de Tarzán xunto a Johnny Weissmüller.

Infotaula de personaMaureen O'Sullivan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Maureen Paula O'Sullivan Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1911 Editar o valor em Wikidata
Boyle, Irlanda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xuño de 1998 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Scottsdale, Arizona, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWoldingham School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , actriz de cinema , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Farrow (1936–1963)
FillosMia Farrow, Stephanie Farrow (pt) Traducir, Patrick Villiers Farrow (pt) Traducir, Tisa Farrow (pt) Traducir, Prudence Farrow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCharles O'Sullivan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Mary Frazer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webfarrow-osullivan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001577 Allocine: 12946 Allmovie: p53671 TCM: 143796 IBDB: 54979
Musicbrainz: 358adb40-ffc2-430d-b412-6838dc6024b2 WikiTree: O'Sullivan-863 Find a Grave: 3128 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O'Sullivan naceu en Irlanda no seo dunha familia católica. O seu pai era Charles Joseph Sullivan (4 de novembro de 1880-3 de xullo de 1974), oficial dos Rangers Connaught que serviu na primeira guerra mundial[1][2] e Renée Fraser (11 de xaneiro de 1884-6 de febreiro de 1969). Asistiu a un colexio de monxas en Dublín e posteriormente ao Convento do Sagrado Corazón (Londres). Unha das súas compañeiras de clase foi Vivian Mary Hartley, que triunfou como actriz co nome de Vivien Leigh. Logo de rematar os seus estudos en París, O'Sullivan regresou a Dublín e comezou a traballar polos pobres.

Frank Borzage, director de cine que estaba rodando o musical da 20th Century Fox Song o' My Heart (1930) en Dublín, coñeceuna e fíxolle unha proba de cámara con Dublín, coa que obtivo o papel de Eileen O'Brien, polo que a invitou a Hollywood a acabar a rodaxe. O'Sullivan aceptou e con dezanove anos viaxou a California acompañada pola súa nai.

A pesar de que o primeiro filme da actriz tivo pouco éxito, ese mesmo ano rodou outros musicais. Co mesmo Borzage rodou un ano despois A Connecticut Yankee (1931) xunto con Will Rogers.

En 1932 deixou a Fox e comezou a traballar para a Metro Goldwyn Mayer, iniciando a etapa que lle proporcionou os seus maiores éxitos profesionais. Ese mesmo ano protagonizou xunto a Johnny Weissmüller o filme Tarzan the Ape Man, dirixido por W. S. Van Dyke e producidp por Irving Thalberg. Nese filme, libre aíndo do código Hays da censura nos Estados Unidos, encarnou o papel de Jane Parker, compañeira de Tarzán. O sonado éxito do filme fixo que O'Sullivan repetise a personaxe noutras cinco ocasións. Entre os guionistas de Tarzan Escapes (1936), estaba John Farrow, co que contraeu matrimonio en setembro de 1936. Unha das fillas do matrimonio foi a actriz Mia Farrow.

A década de 1930 foi unha boa época para O'Sullivan, e ademais de na serie de Tarzán participou noutros filmes destacados como The Barretts of Wimpole Street (1934), The Thin Man (1934) ou A Day At The Races (1937), xunto aos irmáns Marx. Pouco a pouco foi abandonando as rodaxes ata que en 1942 deixou de traballar para atender o seu marido, enfermo de tifo e coidar os seus sete fillos.

En 1948 volveu para rodar un papel de coprotagonista en The Big Clock con Ray Milland e Charles Laughton, dirigida polo seu esposo John Farrow para Paramount Pictures. Continuou a aparecer ocasionalmente nos filmes do seu marido e na televisión. En 1960 xa consideraba que estaba completamente retirada. En 1958, o fillo máis vello da parella, Michael, morreu nun accidente aéreo en California.

O actor Pat O'Brien animouna a participar nunha compañía de verán, e a obra A Roomful of Roses estreouse en 1961. Iso levou a outra obra, Never Too Late, que supuxo o seu debut en Broadway. Pouco despois da estrea, Farrow faleceu dun ataque ao corazón.

Cando a súa filla Mia Farrow comezou a súa relación profesional e romántica con Woody Allen apareceu en Hannah e as súas irmás interpretando a nai de Farrow. Tamén tivo papeis en Peggy Sue casou (1986) e Stranded (1987). Mia Farrow bautizou un dos seus fillos Ronan O'Sullivan Farrow pola súa nai.

Faleceu en Arizona, o seu lugar de residencia o 23 de xuño de 1998 aos 87 anos debido a un ataque ao corazón. Está enterrada no Most Holy Redeemer Cemetery, Niskayuna, Nova York, fogar do seu marido James Cushing.

Vida persoal editar

 
Voda de Maureen O'Sullivan e John Farrow (1936)

O primeiro marido de O'Sullivan foi o guionista e director australiano-estadounidense John Villiers Farrow, dende o 12 de setembro de 1936 ata a morte del o 28 de xaneiro de 1963. Ela e Farrow tiveron sete fillos: Michael Damien (1939–1958), Patrick Joseph (1942–2009), Maria de Lourdes Villiers (nada en 1945), John Charles (nado en 1946),[3] Prudence Farrow (nada en 1948), Stephanie Farrow (nado en 1949) e Theresa Magdalena "Tisa" Farrow (nada en 1951). O'Sullivan casou con James Cushing, un rico home de negocios, o 22 de agosto de 1983 e o matrimonio durou ata a morte dela en 1998.

Maureen O'Sullivan nacionalizouse estadounidense o 22 de outubro de 1947.[4] Era católica romana[5] e demócrata e apoiou a Adlai Stevenson na elección presidencial de 1952.[6]

Filmografía editar

Notas editar

  1. Profile, filmreference.com. Consultado o 22 de setembro de 2015.
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  3. "Free Family Tree, Genealogy and Family History – MyHeritage". Familytreelegends.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 15 de abril de 2020. 
  4. O'Sullivan Petition for Naturalization #133033, ancestry.com. Consultado o 22 de setembro de 2015.
  5. Myrna Oliver. "From the Archives: Maureen O'Sullivan; Film and TV Actress Played Jane in 'Tarzan' Films of 1930s, '40s". Los Angeles Times. Consultado o 2 de decembro de 2018. 
  6. Motion Picture and Television Magazine, novembro de 1952, páxina 33, Ideal Publishers

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar