Faustina Pignatelli

Faustina Pignatelli Carafa, princesa de Colubrano, nada en Nápoles o 9 de decembro de 1705 e finada na mesma cidade o 30 de decembro de 1785, foi unha científica italiana. Foi a segunda muller elixida para a Academia de Ciencias de Bologna (1732).

Infotaula de personaFaustina Pignatelli
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1705 Editar o valor em Wikidata
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 1769 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, álxebra e comunicación da ciencia Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nápoles Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , matemática , científica Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FillosMichele Carafa, 7.Principe di Colubrano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMichele Pignatelli, Duca di Tolve (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Faustina Caracciolo, dei Marchesi di Capriglia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi educada por Nicola De Martino, xunto co seu irmán Peter, e foi fundamental na presentación das teorías de Isaac Newton en Nápoles. Tras casar co poeta Francesco Domenico Carafa en 1724, recibiu o principado de Colubrano como dote polo seu pai. Foi unha importante participante no debate científico en Italia e mantivo correspondencia coa Academia Francesa das Ciencias.

Faustina tiña unha sólida preparación matemática, o que lle permitiu elaborar unha posición orixinal sobre o problema das forzas vivas e entrar no debate cunha serie de reflexións epistemolóxicas. Isto valeulle a elección como membro de honra da Academia de Ciencias de Boloña en 1732; sendo a segunda muller, despois de Laura Bassi, en ser admitida nesa institución.

Publicou en 1734, como "'anonimae napolitane" na Nova Acta eruditorum de Leipzig, unha disertación titulada Problematic Mathematica.[1]

Francesco Maria Zanotti mencionouna como matemática agasallada na Academia de Ciencias en Bologna en 1745.

En 1751 Zanotti recolleu nun libro, Sobre a forza dos corpos que chaman vivos, escrito en forma de diálogo imaxinario entre científicos reais e vivos, o debate habido en 1750, con motivo da súa visita a Nápoles, con Pignatelli e os científicos vinculados a seu círculo, no que se puxo de manifesto ese círculo napolitano. á primacía da metafísica sobre a ciencia.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Pignatelli, Carafa Faustina, principessa di Colubrano — Scienza a due voci". scienzaa2voci.unibo.it. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2012. Consultado o 2021-04-07. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar