Aecio de Amida

médico bizantino

Aecio de Amida (en grego antigo: Ἀέτιος Ἀμιδηνός, latín: Aëtius Amidenus), nado en Amida, sueste da Anatolia en 502 e finado en 575, foi un escritor e médico bizantino,[1] especialmente distinguido pola súa grande erudición.[2] Os historiadores non están de acordo sobre o período histórico en que viviu. É descrito por algúns escritores como vivindo o século IV; mais é evidente, a partir dos seus propios traballos, que estivo en plena actividade a finais do século V, ou comezos do VI, unha vez que se refire non só ao patriarca Cirilo de Alexandría, que morreu en 444,[3] mais tamén a Pedro 'arquiatro' (o primeiro dos médicos), que podería ser identificado co médico de Teodorico o Grande,[4] a quen define como sendo un contemporáneo. El mesmo é citado por Alexandre de Trales,[5] que viviu probabelmente a mediados do século VI. Era probabelmente cristián, o que talvez poida ser explicado, por ser confundido con Aecio de Antioquía, un famoso ariano, que viviu no tempo do emperador Xuliano.

Infotaula de personaAecio de Amida
Biografía
Nacemento502 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Diyarbakır (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte575 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VI Editar o valor em Wikidata)
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Notas editar

  1. William Alexander Greenhill (1870). "Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology". William Smith 1 (Boston, MA). p. 53. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  2. Robley Dunglison (1872). History of Medicine from the Earliest Ages to the Commencement of the 19th Century. Philadelphia: Lindsay and Blakiston. p. 182. 
  3. tetrab. iii. serm. i. 24, p. 464
  4. tetrab. ii. serm. iii. 110, p. 357
  5. Alexandre de Trales, xii. 8, p. 346