Turismundo (? – 453) foi rei dos visigodos entre os anos 451 e 453. O seu nome gótico orixinal era Þaurismoþs [thôrismoths], "coraxe de Thor".

Infotaula de personaTurismundo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento420 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Reino Visigodo Editar o valor em Wikidata
Morte453 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Tolosa Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor em Wikidata
Rei dos visigodos
451 – 453
← Teodorico I, rei visigodoTeodorico II, rei visigodo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónArrianismo visigodo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor em Wikidata
FamiliaBaltingos Editar o valor em Wikidata
PaiTeodorico I, rei visigodo Editar o valor em Wikidata
IrmánsEurico, Teodorico II, rei visigodo, Ricímero (pt) Traducir, Frederico (pt) Traducir, Himnerido (pt) Traducir e muller de Requiario Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Visigoths-85

Traxectoria editar

Era fillo de Teodorico I e neto do gran Alarico I, vencedor de Roma. Gozou de popularidade entre os seus pola súa enorme forza física. Foi elixido rei polos soldados godos na batalla dos Campos Cataláunicos, tamén chamada de Châlons-sur-Marne, ante o mesmo cadáver aínda quente do seu pai, morto polos hunos e a quen se estaban dando as honras fúnebres co rito xermánico de bater as armas.

Instalou o seu corte en Tolosa e someteu en Orleáns aos alanos[1]; probablemente foi o primeiro rei visigodo en ter unha visión do reino visigodo como independente de Roma e tratou aos romanos de igual a igual; esta política secesionista levou ao xeneral romano Aecio, antigo vencedor xunto ao seu pai de Atila nos Campos Cataláunicos[1], a conspirar para asasinalo xunto a un grupo de nobres visigodos revoltosos entre os cales se atopaban os propios e celosos irmáns de Turismundo: Teodorico II e Frederico. Como contan Diego Saavedra Fajardo na súa Coroa gótica e o pai Juan de Mariana na súa Historia xeral de España, estes fixeron que un privado seu chamado Ascalerno estranguláseo no seu leito, cando estaba nel prostrado por unha enfermidade, tras o cal os conspiradores nomearon a Teodorico II o seu sucesor.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Cebrián, Juan Antonio (2002). La aventura de los Godos. La esfera de los libros. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Teodorico I
Rei dos visigodos
451453
Sucesor:
Teodorico II