Franz Loidl
Franz Loidl, nado o 16 de marzo de 1905 en Ebensee (Alta Austria) e finado o 26 de xullo de 1987 en Payerbach (Baixa Austria) foi un sacerdote católico latino austríaco, escritor e historiador en materia eclesiástica, austríaca e cultural.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1905 Ebensee, Austria (pt) |
Morte | 26 de xullo de 1987 (82 anos) Payerbach, Austria (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Austria |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica latina |
Actividade | |
Ocupación | teólogo , historiador , escritor , sacerdote católico |
Traxectoria editar
Franz Loidl foi ordenado sacerdote en 1931. Logo da súa habilitación en 1941, Loidl foi até 1945 capelán da parroquia de Santo Agostiño de Viena así como capelán de hospital e militar do distrito militar XVII. Neste cargo, acompañou a moitos condenados a morte no momento da súa excecución.
Logo da guerra, Franz Loidl estivo en Ebensee, e entrou por vez primeira no campo de concentración de Ebensee o 8 de maio de 1945 para buscar sacerdotes prisioneiro. Estivo acudindo ao campo a diario durante dúas semanas, onde documentou a liberación. En 1946 escribiu a súa Habilitación en Historia eclesiástica e Patroloxía na Universidade de Viena. En 1950 pasou a ser profesor da Facultade de Teoloxía da Universidade de Viena, onde obtivo en 1953 a Cátedra de Historia da Igrexa e Patroloxía que mantivo até 1975. Entre 1958 e 1965 foi tamén director do Arquivo Diocesano de Viena, e membro da xunta do DÖW dende a súa fundación.
Premios e distincións editar
Foi Prelado de Honra da Súa Santidade. En 1980 recibiu o Premio Estatal Karl von Vogelsang na Historia das Ciencias Sociais.
Obra editar
- Geschichte des Erzbistums Wien [Historia do arcebispado de Viena]. 1983.
- Weihbischof Dr Johann Baptist Schneider [O bispo auxiliar Dr. Johann Baptist Schneider]. 1986.
- Anmerkungen über den Philosophen Ferdinand Ebner [Notas sobre o filósofo Ferdinand Ebner]. 1987.