Simón bar Kokhba

líder da revolta xudía contra o Imperio Romano do ano 132

Simón bar Kokhba (hebreo: שמעון בר כוכבא), nado como Simón ben Kosevah, foi o líder da revolta xudía que leva o seu nome, contra o Imperio Romano no ano 132. Estableceu un estado xudeu independente na provincia de Xudea, no que gobernou durante tres anos levando o título de Nasi. O seu estado foi conquistado polas forzas do emperador Hadriano no ano 135 tras unha guerra de dous anos e medio.[a]

Modelo:BiografíaSimón bar Kokhba

Escultura de Bar Kokhba na menorá do Knesset
Nome orixinal(he) שמעון בר כוכבא Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoSimón ben Kosevah
século I Editar o valor en Wikidata
Morte135
Betar
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo
Q89547790 Revolta de Bar Kokhba
Actividade
OcupaciónGuerreiro, Nasi
Participou en
132Revolta de Bar Kokhba Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesEleazar of Modi'im, tío Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5451375

Os documentos descubertos no século XX na grota das Cartas deron o seu nome orixinal, con algunhas variacións: Simeón bar Kosevah (hebreo: שמעון בר כוסבה), Bar Koseva (hebreo: בר כוסבא) ou Ben Koseva (hebreo: בן כוסבא).[2] É posible que o seu nome orixinal fose Bar Koseva.[3] O nome pode indicar que o seu pai ou o seu lugar de orixe se chamaba Koseva,[4] pero pode ser tamén un simple apelido familiar.[3]

O sabio xudeu Rabbí Akiva consentiu a posibilidade de que Simón fose o Mesías xudeu, e deulle o apelido "Bar Kokhba" que significa "Fillo da Estrela" en arameo, do verso do Libro dos Números relativo á profecía da estrela:

"Véxoo, pero non neste intre; eu avístoo, pero non de cerca: saíu unha estrela de Xacob, e xurdiu un caxato de Israel; crebou as ladeiras de Moab e abateu todos os fillos de Xet."
Libro dos Números[5]

O nome Bar Kokhba non aparece no Talmud pero si noutras fontes eclesiásticas.[6] Os rabinos posteriores a Akiva non compartiron a súa visión sobre Bar Kokhba. Un discípulo de Akiva, Yose ben Halaphta, chámalle "bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא), que significa "fillo da mentira".[7] O xuízo de Bar Koseba implica que o seu cambio de nome se levou a cabo polos estudantes rabínicos no tempo da codificación do Talmud, onde o nome sempre aparece como "Simon bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא) ou Bar Kozevah.

A revolta

editar
Artigo principal: Revolta de Bar Kokhba.
 
Shekel de prata de Bar Kokhba. Anverso: a fachada do Templo xudeu cunha estrela nacente rodeado polo texto "Shimon". Reverso: un lulav e etrog, o texto di: "pola liberdade de Xerusalén"

A pesar da devastación causada polos romanos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-73), que deixou a poboación e a rexión en ruínas, promulgáronse unha serie de leis polos emperadores romanos que supuxeron o xerme dunha segunda revolta.[8] Baseados na delineación dos anos do Chronicon de Eusebio de Cesarea, foi no ano décimo sexto do reinado de Hadriano, o que equivale ao cuarto ano da 227º Olimpíada, cando comezou a revolta xudía, baixo o gobernador romano Tineius Rufus, mentres que Hadriano enviou un exército para esmagar a resistencia. Bar Kokhba, o líder da resistencia no momento, castigou a todo aquel xudeu que rexeitou unirse ao seu bando.[9] Dous anos e medio despois, a guerra rematou. O emperador Hadriano prohibiu a entrada dos xudeus en Xerusalén, e construíu unha nova colonia romana, Aelia Capitolina, sobre os restos da antiga cidade.

No ocaso da guerra, o emperador consolidou as vellas unidades políticas de Xudea, Galilea e Samaria na nova provincia Syria Palaestina, o que se interpretou como un intento de eliminar calquera asociación con Xudea.[10][11][12]

Segundo o arqueólogo israelí Yigael Yadin, Bar Kokhba tratou de resucitar a lingua hebrea e converteuna na lingua obrigatoria para os xudeus como parte da súa ideoloxía mesiánica. No libro A Roadmap to the Heavens: An Anthropological Study of Hegemony among Priests, Sages, and Laymen (Judaism and Jewish Life) de Sigalit Ben-Zion, Yadin remarca: "semella que este cambio veu como resultado da orde dada por Bar Kokhba, que quería revivir a lingua hebrea e convertela na lingua oficial do estado."

  1. O cronista do século II, rabino Yose b. Halpetha (Halafta), di na súa obra, Seder Olam, capítulo 30, que as guerras libradas por Ben Koziba (Bar Kokhba) duraron dous anos e medio, aínda que o asedio á fortaleza xudía, Betar, durou tres anos e medio.[1]
  1. Palestinian Talmud, Taanit 4:5 (24a) e Midrash Rabba (Lamentations Rabba 2:5).
  2. Skolnik, Fred; Berenbaum, Michael, eds. (2007). Encyclopaedia Judaica 3. Thomson Gale. pp. 156–7. ISBN 9780028660974. 
  3. 3,0 3,1 "Bar Kokhba: The Man and the Leader". Encyclopaedia Judaica. Thomson Gale. Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  4. Suxeríuse, Khirbat Kuwayzibah. Ver Aharon Oppenheimer (1997). "Leadership and Messianism in the Time of the Mishnah". En Henning Graf Reventlow. Eschatology in the Bible and in Jewish and Christian Tradition. A&C Black. p. 162. ISBN 978-1-85075-664-4.  Tamén, Conder, Claude R. Tent Work in Palestine: A Record of Discovery and Adventure (1887 ed.). p. 143. 
  5. Numeros "21-25". A Biblia Galega. 
  6. Krauss, S. (1906). "BAR KOKBA AND BAR KOKBA WAR". En Singer, Isidore. The Jewish Encyclopedia 2. pp. 506–507. Bar Kokba, the hero of the third war against Rome, appears under this name only among ecclesiastical writers: heathen authors do not mention him; and Jewish sources call him Ben (or Bar) Koziba or Kozba... 
  7. O léxico estándar do hebreo e arameo rabínicos é: Marcus Jastrow, A Dictionary of the Targumim, The Talmud Babli and Yershalmi, and the Midrashic Literature (Nova York/Berlín: Verlag Choreb e Londres: Shapiro Valentine & Co. 1926). O único significado aportado para o termo arameo Kazab en Jastrow é "falsedade", e todos os exemplos citados por Jastrow da literatura rabínica teñen o significado de mentira, decepción ou falsidade. En hebreo moderno, o significado habitual de kazab é "mentira", porén tamén pode ter o significado de "decepción". Calquera intento de traducir "bar Kozeba" como "fillo da decepción" sería forzar o significado desde unha linga moderna ata unha palabra similar dunha lingua diferente con milenios de diferenza.
  8. Historia Augusta, Hadrian 14.2, onde o César prohibe aos xudeus circuncidar aos seus nenos. Ver tamén o Talmud de Babilonia (Avodah Zarah 8b e Sanhedrin 14a) onde a autoridade romana prohibe aos xudeus nomear xuíces en casos de indemnizacións ou multas.
  9. [1] Chronicle of Jerome, s.v. Hadrian. See also Yigael Yadin, Bar-Kokhba, Random House New York 1971, p. 258.
  10. "When Palestine Meant Israel, David Jacobson, BAR 27:03, May/Jun 2001". Cojs.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2011. Consultado o 2011-08-07. 
  11. Lehmann, Clayton Miles (Summer 1998). "Palestine: History: 135–337: Syria Palaestina and the Tetrarchy". The On-line Encyclopedia of the Roman Provinces. University of South Dakota. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 2008-07-06. 
  12. Sharon, 1998, p. 4. According to Moshe Sharon: "Eager to obliterate the name of the rebellious Judaea", the Roman authorities renamed it Palaestina or Syria Palaestina.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar