Eustaquio I de Boulogne

nobre francés, conde de Boulogne

Eustaquio I de Boulogne (en francés Eustace Ier, dit à l'Œil (Perçant) [chamado O Ollo (Penetrante)]), nado contra o ano 995 no Ducado de Lorena (Reino de Francia), e finado en 1049, foi un nobre francés, o fundador da rama de Boulogne da Casa de Flandres. Foi conde de Boulogne desde 1033 a 1049.[1]

Infotaula de personaEustaquio I de Boulogne
Biografía
Nacemento1010 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Ducado de Lorena, Reino de Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1047 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Lugar de sepulturaSamer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfeudatario Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCount of Boulogne (en) Traducir (1033–1047) Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Flandres Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMatilda of Louvain
FillosEustaquio II de Boulogne, Gerberga van Boulogne (pt) Traducir, Lambert II, Count of Lens (en) Traducir, Geoffroy de Boulogne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBaldwin II, Count of Boulogne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adelina of Holland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHugh II, Count of Ponthieu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Boulogne-92

Traxectoria editar

Eustaquio era o único fillo do conde de Boulogne Balduíno II e a súa esposa Adelina de Holanda, filla do conde de Holanda Arnolfo de Holanda (950-993) e Liutgarda de Luxemburgo (955-1003).[2]

Segundo o Chronicon Centulense ou Chronique de l'Abbaye de Saint-Riquier, o seu pai, o conde Balduíno, foi asasinado en combate, en 1033, polo conde de Ponthieu Enguerrando I, que casou coa súa viúva, Adelina de Holanda (o matrimonio entre Adelina e Enguerrando é confirmado polo Europäische Stammtafeln, vol II, cap. 2,[3] e tomou posesión do ducado de Boulogne, asumindo o título de conde como Eustaquio I.

Eustaquio I (Eustachius comes) é mencionado en dous documentos das Actes et documents anciens intéressant la Belgique:

  • No primeiro, datado en 1061, é recordado como un dos autores dunha doazón á abadía de Saint-Amand, que tivo lugar entre 1049 e 1056.[4]
  • No segundo, de 1125, na que o conde de Flandres, Carlos I, confirma unha propiedade a unha abadía de Lille, referíndose a ela como unha doazón do seu antecesor, Balduíno V, conde de 1035 a 1067, citado coa súa muller, Adela, Eustaquio (Eustachio scilicet comite Bolonie) e outros.[5]

Eustaquio I morreu en 1049 e foi enterrado en Samer (Boulogne-sur-Mer).

Foi sucedido no título de conde de Boulogne polo seu fillo máis vello, Eustaquio II, mentres que o condado de Lens foi para o seu terceiro fillo, Lamberto, como Lamberto II.

Descendencia editar

Eustaquio I e Matilde tiveron catro fillos (o seu matrimonio vén confirmado en Auberti Miræi).[6]

  • Eustaquio (circa 1020 - circa 1088), conde de Boulogne.[7]
  • Godofredo (? - circa † 1095), bispo de París, segundo confirma Flandria Generosa.[8]
  • Lamberto [5] (? - † 1054), conde de Lens.
  • Xerberga (? - 1049), que casou co duque da Baixa Lorena (Lotarinxia) Federico (Gerbergam, Friderici ducis uxorem) (1003 † 1065).[9]

Notas editar

  1. Tanner, Heather. "The Expansion of the Power and Influence of the Counts of Boulogne under Eustace II". Anglo-Norman Studies 14: 251-277.
  2. Eustache I de Boulogne (-1049). Comte de Boulogne en Medieval Lands.
  3. As Europäische Stammtafeln son unha relación das árbores xenealóxicas das máis influentes familias europeas.
  4. Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páxinas 37-39.
  5. Actes et documents anciens intéressant la Belgique, páxinas 166-167.
  6. Auberti Miræi [... Opera diplomatica et historica, tomus I].
  7. Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 37-39 Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  8. Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 301.
  9. Monumenta Germanica Historica, Scriptores, tomus IX: Genealogica comitum Buloniensium, par. 1, páx. 663.