España 2000 é un partido político español de extrema dereita que se autodefine como patriótico, social e populista. Na actualidade non ten representación parlamentaria, tendo certa presenza na Comunidade Valenciana e cunha popularidade menor en Cataluña, Granada e Madrid.

España 2000
Partido político de España
Historia
Fundaciónxullo de 2002
Posicións políticas
IdeoloxíaUltradereita
Populismo
Nacionalismo español
Representación
Representación2 concelleiros
Outros datos
SedeGran Vía Marqués del Turia, 28, 7ª, Valencia
PublicaciónEn Marcha
Na rede
Web oficial de España 2000
Facebook: Espana2000 Youtube: UCS9sGutLEr_zI6vuJsDrVBQ Editar o valor em Wikidata

Homólogos en Europa serían a Fronte Nacional de Le Pen (que asiste ós congresos de España 2000) en Francia ou o Partido Liberal de Haider en Austria.

Ideoloxía editar

España 2000 avoga por un conservadorismo con matices, centrándose na defensa do modelo de familia e matrimonio tradicional. Algúns dos seus puntos básicos son a loita contra movementos independentistas, okupas ou antifascistas, a defensa da unidade de España, o endurecemento do control de fronteiras para impedir a inmigración ilegal así como a expulsión dos inmigrantes ilegais que se atopen no país, o fomento do investimento en gastos policiais e militares, o endurecemento das penas para delitos de terrorismo, e a discriminación cara a residentes estranxeiros á hora de acceder a un traballo, outorgando prioridade ós cidadáns españois.

Clasifícase pola súa radicalidade como estrema dereita, aínda que se autodefine como un partido populista, social e democrático. Os seus líderes son os empresarios José Luis Roberto e Salvador Gamborino. José Luis Roberto, presidente actual do partido, é á súa vez avogado e secretario xeral técnico de ANELA, a Asociación Nacional de Empresarios de Locais de Alterne (a maior organización de proxenetas de España, demandante da legalización da prostitución) e dono da empresa de seguridade "Levantina".

España 2000 foi o nome dunha plataforma que albergaba a varios partidos, como Democracia Nacional, que a abandonou ó coñecer que José Luis Roberto tiña lazos co negocio da prostitución. Este mesmo feito é actualmente o que provoca as maiores discrepancias e o rexeitamento de varios sectores da estrema dereita cara a España 2000, tales como o xa citado partido Democracia Nacional ou a agrupación neonazi Alianza Nacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar