Esmagamento por elefante

método de execución

O esmagamento por elefante foi un método de execución común para aqueles que eran condenados a morte no sur e sueste asiático, especialmente na India, durante case 4.000 anos.

Ás veces, os elefantes desmembraban os corpos dos condenados, como se aprecia neste debuxo de 1681 de An Historical Relation of the Island Ceylon, de Robert Knox.

Historia editar

Os elefantes eran empregados a fin de esmagar, desmembrar ou torturar aos cativos en execucións públicas. Este uso dos elefantes atraía o interese dos viaxeiros europeos, que cualificaban as escenas de arrepiantes, como quedou recollido en numerosos diarios contemporáneos e relatos de viaxes a Asia. A práctica foi finalmente suprimida polos colonizadores da rexión nos séculos XVIII e XIX.

As primeiras novas que nos chegan deste tipo de execucións proceden da antigüidade clásica. No entanto, a práctica xa daquela estaba firmemente estabelecida e continuou até o século XIX.

Os romanos e os cartaxineses tamén botaron man deste método en ocasións, e na Biblia menciónase (no Deuteronomio), na historia de Xosé e no Libro dos Macabeos ao falar acerca dos exipcios.

Véxase tamén editar