Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1896

Nos Xogos Olímpicos de 1896 disputáronse tres probas de esgrima no recinto do Zappeion, un edificio situado nos Xardíns Nacionais de Atenas, entre o 7 e o 9 de abril. A competición preparouna o subcomité de esgrima, e finalmente a proba de espada quedou anulada, todas as probas facíanse a tres toques. Establecéronse as categorías de afeccionados e mestres, esta última marcou o primeiro precedente de participación de profesionais nos Xogos Olímpicos e durante anos a esgrima foi o único deporte olímpico que admitía deportistas profesionais. En total foron 15 atletas de catro países os que competiron nas diferentes probas, conseguindo medalla 8 tiradores diferentes pertencentes a 3 países.

Logo olímpico da esgrima.
Combate durante os Xogos de 1896.

Medalleiro editar

O Comité Olímpico Internacional asignou estas medallas a posteriori. Na época, os gañadores recibían unha medalla de prata e os seguintes non recibían premio ningún.

Proba      
Florete   Eugène-Henri Gravelotte   Henri Callot   Periklis Pierrakos-Mavromichalis
Florete profesional   Leonidas Pyrgos   Jean Maurice Perronet
Sabre   Ioannis Georgiadis   Telemachos Karakalos   Holger Nielsen

Probas editar

Florete editar

A competición de florete foi unha das tres probas de esgrima que se disputaron nesta edición dos Xogos Olímpicos. Realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril coa participación de oito tiradores, repartidos en dous grupos de 4. O primeiro de cada grupo clasificouse para a final, mentres que a Periklis Pierrakos-Mavromichalis outorgáronlle a terceira posición por ser o mellor terceiro. A segunda vitoria de Vouros (enfrontamento B6) debeuse a unha sanción a Komninos-Miliotis.

Rolda Preliminar editar

Grupo A editar

TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos

Posición Atleta TF TC G P
1   Henri Callot 9 4 3 0
2   Perikles Pierrakos-Mavromichalis 7 4 2 1
3   Henri Delaborde 5 7 1 2
4   Ioannis Poulos 3 9 0 3
Combate Vencedor Touches Perdedor
A1   Periklis Pierrakos-Mavromichalis 3-1   Henri Delaborde
A2   Henri Callot 3-2   Ioannis Poulos
A3   Periklis Pierrakos-Mavromichalis 3-0   Ioannis Poulos
A4   Henri Callot 3-1   Henri Delaborde
A5   Henri Callot 3-1   Periklis Pierrakos-Mavromichalis
A6   Henri Delaborde 3-1   Ioannis Poulos
Grupo B editar

TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos

Posición Atleta TF TC G P
1   Eugène-Henri Gravelotte 9 5 3 0
2   Athanasios Vouros 8 4 2 1
3   Konstantinos Komninos-Miliotis 5 7 1 2
4   Georgios Balakakis 3 9 0 3
Combate Vencedor Touches Perdedor
B1   Konstantinos Komninos-Miliotis 3-1   Georgios Balakakis
B2   Eugène-Henri Gravelotte 3-2   Athanasios Vouros
B3   Athanasios Vouros 3-1   Georgios Balakakis
B4   Eugène-Henri Gravelotte 3-2   Konstantinos Komninos-Miliotis
B5   Eugène-Henri Gravelotte 3-1   Georgios Balakakis
B6   Athanasios Vouros 3-0 (w/o)   Konstantinos Komninos-Miliotis

Final editar

Combate Vencedor Touches Perdedor
F   Eugène-Henri Gravelotte 3-2   Henri Callot

Florete profesional editar

A competición de florete profesional realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril, xusto despois da competición de afeccionados. Foi a única proba para profesionais destes Xogos Olímpicos, tan só participaron dous tiradores, e un só enfrontamento decidiu as medallas: Leonidas Pyrgos de Grecia gañou ao francés Jean Maurice Perronet por 3 a 1, sendo o primeiro campión grego dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.

Final editar

Combate Vencedor Touches Perdedor
1   Leonidas Pyrgos 3-1   Jean Maurice Perronet

Sabre editar

A competición de sabre disputouse o 9 de abril, participaron 5 tiradors: 3 gregos, un danés e un austríaco. Cada tirador enfrontábase ao resto, un total de 10 combates. Georgiadis foi o vencedor, gañando todos os seus combates.

Enfrontamentos editar

Combate Gañador Touches Perdedor
1   Telemachos Karakalos 3-0   Adolf Schmal
2   Ioannis Georgiadis 3-0   Georgios Iatridis
3   Telemachos Karakalos 3-2   Holger Nielsen
4   Ioannis Georgiadis 3-2   Adolf Schmal
5   Holger Nielsen 3-1   Georgios Iatridis
6   Ioannis Georgiadis 3-1   Telemachos Karakalos
7   Adolf Schmal 3-2   Georgios Iatridis
8   Ioannis Georgiadis 3-2   Holger Nielsen
9   Telemachos Karakalos 3-0   Georgios Iatridis
10   Holger Nielsen 3-2   Adolf Schmal

Clasificación final editar

TF: Touches a favor - TC: Touches en contra - G: Gañados - P: Perdidos

Posición Tirador TF TC G P
    Ioannis Georgiadis 12 6 4 0
    Telemachos Karakalos 11 5 3 1
    Holger Nielsen 10 9 2 2
4   Adolf Schmal 7 11 1 3
5   Georgios Iatridis 3 12 0 4

Países participantes editar

Un total de 15 tiradores, de 4 países participaron nos Xogos Olímpicos de Atenas:

Medalleiro por países editar

Posición País       Total
1   Grecia 2 1 1 4
2   Francia 1 2 0 3
3   Dinamarca 0 0 1 1

Austria participou nas probas sen conseguir medalla ningunha.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar