Esgrima cos penes

A esgrima cos penes, tradución do inglés penis fencing, é un comportamento de cópula executado por certas especies de planarias, como o Pseudobiceros hancockanus. Trátase de especies que na práctica son hermafroditas, ao produciren asemade óvulos e espermatozoides.[1] Os individuos desta especie fan esgrima con seus penes de dúas puntas, que rematan nunha punta aguda e branca. O espécime que toca o outro inseminará o tocado, pois o esperma será absorbido polos poros da pel, comezando así a fertilización.

Exemplar que se reproduce mediante a chamada esgrima cos penes.

O termo tamén se aplica á actividade homosexual entre dous bonobos machos.[2]

Notas editar