Escudo de Singapur

O escudo de Singapur foi adoptado o 3 de decembro de 1959.

Escudo de Singapur
Detalles
ArmigerSingapur República de Singapur
Adoptado3 de decembro de 1959
EscudoGoles, media lúa fronte a un pentágono de cinco mullets de prata
AlicerceLeón a destra e tigre a sinistra rampantes
DivisaMajulah Singapura
Uso• Moedas
• Goberno
• Documentos oficiais

Descrición editar

As armas consisten nun campo de goles no que figura un crecente (media lúa) de prata fronte a cinco estrelas de cinco puntas do mesmo metal colocadas unha, dous e dous. O esmalte goles (vermello) é o símbolo da irmandade universal e a equidade do home, mentres que o branco significa pureza e virtude. As cinco estrelas representan os cinco ideais de democracia, paz, progreso, xustiza e equidade.

O escudo está suxeito por dúas figuras: un león de ouro á esquerda e un tigre á dereita, nas súas cores naturais. O león representa a Singapur e o tigre os vínculos históricos da illa con Malaisia. Na parte inferior hai unha cinta na que aparece escrito a lema nacional: Majulah Singapura (do malaio: Adiante Singapur).[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar