Escudo de Ourense

O escudo de Ourense figura nun campo de prata, sobre ondas de azur e prata que representan un caudal de auga (río Miño), unha ponte de cinco arcos de ouro, sumado na súa destra por un castelo de ouro, ameado, mazonado de sable e aclarado de goles e á súa sinistra, un león rampante, armado uñado e linguado de ouro que ergue na súa destra unha espada do mesmo metal, e no centro do xefe do escudo unha coroa real pechada. O escudo está timbrado con outra coroa real, forrada de goles, ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visíbeis cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumados de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

Escudo do concello de Ourense.

Escudo da Provincia de Ourense editar

 
Escudo da Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación provincial emprega un escudo que pode considerarse como o da Provincia de Ourense que conta cos mesmos elementos que o da cidade de Ourense mais diferenciándose deste en que o esmalte (cor) do león que é de goles e non de ouro, como a espada que porta.