Escudo de Malí

símbolo nacional de Malí

O escudo de armas de Malí é un emblema nacional formado por un círculo cargado cun paxaro na parte superior, unha mesquita no centro flanqueada por dous arcos e frechas, e o sol crecente no fondo. Foi adoptado trece anos após o país acadou a independencia, sendo o selo da República de Malí dende 1973. É utilizado en documentos oficiais como escudo de armas.

Escudo de Malí
Detalles
ArmigerMalí
Adoptado20 de outubro de 1973
DivisaUn Peuple, Un But, Une Foi
"Un pobo, un obxectivo, unha fe"

Historia editar

 
Selo de Malí dende 1961 até 1973.

Malí acadou a independencia en agosto de 1960, cando se separou do Senegal e se converteu nun estado independente de seu, desaparecendo dese xeito a breve Federación de Malí que unía as dúas nacións.[1] O selo de Malí foi deseñado pouco despois, o cal é case idéntico ó selo actual agás polas cores. Compoñíase dun círculo vermello arrodeado por un bordo verde.[2] O actual selo foi adoptado oficialmente o 20 de outubro de 1973, baixo a Ordinance no. 56 do CMLN (Comité Militar para a Liberación Militar).[3] É empregado nos documentos oficiais no canto dun escudo de armas, un símbolo heráldico que o país xamais adoptou.[4]

Notas editar

  1. Baker, Kathleen M. "Mali – French West Africa". En Encyclopædia Britannica, Inc. Encyclopædia Britannica. Consultado o 3 de abril de 2014. 
  2. Minahan, James (1 de decembro de 2009). Greenwood Press, ed. The Complete Guide to National Symbols and Emblems: Volume 2. p. 865. 
  3. African Law Center, Columbia University, ed. (1974). African Law Digest, Volume 9. p. 281. 
  4. Smith, Whitney (1975). McGraw-Hill, ed. Flags through the ages and across the world. p. 257. Mali has never adopted a coat of arms. lts seal, used on official papers, bears the national motto. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar