Escudo de Bélxica

O escudo de Bélxica está composto por un cuartel de sable cun león rampante de ouro, linguado e uñado de goles. A ambos os dous lados do escudo aparecen dous leóns de ouro sostendo unha bandeira de Bélxica cada un, e o brasón aparece rodeado polo colar da Orde de Leopoldo e, en ocasións os dous cetros do monarca belga de ouro.

Escudo de Bélxica
Versións
Detalles
ArmigerFilipe, Rei dos belgas
Adoptado17 de marzo de 1837
Divisafrancés: L'union fait la force
neerlandés: Eendracht maakt macht
(A unión fai a forza)
OrdesOrde de Leopoldo

O lema nacional tamén aparece recollido no escudo: L'union fait a force (en francés) ou Eendracht maakt macht (en holandés), que significa "A unión fai a forza".

Escudo grande empregado como brasón persoal do monarca belga.

O escudo aparece rematado por unha coroa real e, no escudo grande, (empregado como brasón persoal polo monarca belga) engádeselle un helmo, o manto real, dúas coroas reais (unha sobre o helmo e outra sobre o manto) e as bandeiras das provincias de Bélxica (a bandeira central representa as dúas provincias do Brabante e Bruxelas). O escudo de armas grande foi adoptado o 17 de maio de 1837.