Escudo de Australia

O escudo de Australia data do ano 1912 e foi outorgado polo Rei Xurxo V.

Escudo de Austrialia

A súa descrición heráldica ou brasonaxe é a seguinte:

Escudo terzado en pau e cortado, no primeiro, de prata, unha cruz de goles que é a Cruz de San Xurxo, a cruz cargada dun león leopardado de ouro armado e lampasado de azur e de catro estrelas de oito puntas de ouro, unha en cada brazo; no segundo, de azur cinco estrelas de prata, de cinco puntas a primeira e a terceira, de seis a segunda, de cinco a cuarta e de oito a quinta que é a Cruz do Sur, as estrelas surmontadas da Coroa de San Eduardo que é a coroa real británica; no terceiro, de prata unha Cruz de Malta de azur, sobre o todo en abismo a Coroa de San Eduardo; no cuarto, de ouro, unha Grallina cyanoleuca de prata e de sable rapinada dun pau de sinople e de goles; no cuarto, de ouro, un cisne alterado e nadando de sable; no quinto, de ouro, un león pasante de goles armado e lampasado do mesmo; bordadura de armiño.

Ao timbre un burelete de ouro e azur sumado dunha estrela de sete puntas de ouro.

Por soportes, un canguro e un emú pasantes na súa cor terrazados de ouro. Acolada dúas ramas de Acacia pycnantha, na súa cor encintadas de ouro e de prata. Por divisa, nunha lista de prata bordeada de goles e cargada de “Australia” de sable.[1]

Consiste nun escudo cos brasóns dos seis estados: Nova Gales do Sur, Victoria, Queensland, Australia Meridional, Australia Occidental e Tasmania. Estes brasóns están arrodeados no exterior por unha fileira coas cores do armiño heráldico. Simbolízase desta maneira a Federación destes estados.

Tamén se inclúen os símbolos nacionais da Acacia pycnantha, o canguro e o emú.

A Acacia pycnantha, o canguro e o emú son aceptados coma os respectivos emblemas da flora, a fauna terrestre e as aves de Australia. O zarzo dourado, Acacia pycnanthaBenth, foi declarado oficialmente como un dos emblemas nacionais en agosto de 1988.

O escudo de 1908 editar

 
Escudo de Australia entre 1908 e 1912.

O primeiro escudo australiano foi outorgado polo rei Eduardo VII o 7 de maio de 1908. Australia independizouse do Reino Unido o 1 de xaneiro de 1901.

No campo deste escudo, como no actual, tamén se mostraba a Cruz de San Xurxo pero estaba adornada con cinco estrelas brancas, de seis puntas cada unha, e uns bordos de cor azul que non chegan a tocar a propia cruz. Unha bordadura de cor azul era o símbolo da Federación e os seis estados australianos estaban representados por seis escudetes brancos cun chevrón vermello, situados no interior da bordadura. Nos adornos exteriores xa aparecían representadas as figuras do canguro e do emú xunto ao burelete e a Estrela da Mancomunidade Australiana. O lema deste escudo foi “Advance Australia” que en inglés significa “Avante Australia”.[2]

Notas editar