Escudo de Andalucía

O escudo de Andalucía é, oficialmente, un logotipo baseado no escudo da cidade de Cádiz, que mostra a figura dun Hércules novo entre as dúas columnas de Hércules que a tradición sitúa no estreito de Xibraltar, coa inscrición ós pés dunha lenda que di: "Andalucía por sí, para España y la Humanidad", sobre o fondo dunha bandeira andaluza. Pecha as dúas columnas un arco de medio punto coas palabras latinas "Dominator Hercules Fundator", tamén sobre o fondo da bandeira andaluza.

Escudo de Andalucía.

Segundo o artigo 6.2 do Estatuto de Autonomía de Andalucía do ano 1981:

Andalucía ten himno e escudo propios, que serán aprobados definitivamente por Lei do Parlamento Andaluz, tendo en conta os acordos ditados sobre tales extremos pola Asemblea de Ronda de 1918.[1]
Escudo de Cádiz.

Escudo Heráldico editar

 
Escudo heráldico de Andalucía.

Existe un escudo de armas representativo de Andalucía e que é descrito así:

"Nun campo de azur, dúas columnas de ouro rodeadas dunha cinta de gules coa lenda «non plus» na destra e «ultra» na sinistra en letras de ouro resaltadas de dous leóns na súa cor, botados, aculados e resaltados á súa vez dun Hercules de pé, o natural, vestido de pel de león e collendo coas súas mans as guedellas dos leóns. Saíndo de columna a columna en arco a lenda «Dominator Hercules Fundator» en letras de ouro."[2][3]

Trala aprobación do Estatuto de Autonomía designouse como símbolo territorial o logotipo oficial, e que figura tamén na bandeira de Andalucía.

Notas editar

  1. Andalucía tiene himno y escudo propios, que serán aprobados definitivamente por Ley del Parlamento Andaluz, teniendo en cuenta los acuerdos dictados sobre tales extremos por la Asamblea de Ronda de 1918.
  2. "En campo de azur, dos columnas de oro rodeadas de una cinta de gules con la leyenda «non plus» en la diestra y «ultra» en la siniestra en letras de oro resaltadas de dos leones en su color, echados, aculados y resaltados a su vez de un Hercules de pie, al natural, vestido de piel de león y asiendo con sus manos las guedejas de los leones. Saliendo de columna a columna en arco la leyenda «Dominator Hercules Fundator» en letras de oro."
  3. Ampelio Alonso de Cadenas, Vicente de Cadenas, Heráldica de las Comunidades Autónomas e das capitales de provincia pax.16, Ediciones Hidalgía, Madrid 1985. ISBN 840006047

Véxase tamén editar

Outros artigos editar