Escritura xeroglífica hitita

A escritura xeroglífica hitita forma un sistema de escritura orixinal utilizado, esencialmente en inscricións monumentais, para a posta por escrito dun dialecto do luvita.

Estela en luvita xeroglífico

Esta escritura xeroglífica parece unha creación orixinal dos pobos luvitófonos da Siria do norte e os signos non teñen relación cos xeroglíficos exipcios ou cretenses. As inscricións máis antigas datan do século XV. Isto é ben tardío, pois o luvita escribíase daquela desde había varios séculos utilizando a escritura cuneiforme sumeroacadia. As inscricións máis recentes datan do século VII, pouco despois da caída dos últimos reinos neohititas.

Os xeroglíficos hititas, que foron descifrados no século XX, compóñense de dous grupos de signos:

Representan ou ben debuxos fáciles de recoñecer, como animais ou membros do corpo humano, ou ben figuras xeométricas simples.