Escritura itálica

En tipografía, as fontes itálicas ou en escritura itálica, son un tipo de escrita moi parecidas á cursiva, que, como esta, presenta as letras inclinadas cara á dereita e con forma aguzada. Foi de uso na Italia dos séculos XV e XVI.

Alexa, un tipo de letra en itálica.

Definición editar

As fontes en itálica, maiormente en minúsculas, están baseadas nunha forma caligráfica estilizada. Debido á influencia da escritura a man, estes tipos inclínarse lixeiramente cara á dereita. A forma das letras difire da forma das letras romanas. As itálicas verdadeiras son distintas das tipoloxías en oblicua ou cursivas, onde a letra romana está lixeiramente inclinada. Por outra banda, as maiúsculas en fontes itálicas adoitan estar baseadas no deseño de maiúsculas romanas, pero inclinadas.

Diferenzas entre fontes itálicas e fontes romanas editar

 
Diferenzas entre Times Itálica e Romana e Arial Romana Inclinada e Romana

Unha das diferenzas perceptibeis entre as fontes romanas e as itálicas consiste no feito de que as romanas son erectas (90°) e as itálicas son levemente inclinadas para a dereita. Con todo, a principal diferenza é o fluxo e non a inclinación. As fontes itálicas posúen estrutura cursiva e continua, diferente das romanas. As serifas (Serif) itálicas son frequentemente transitivas: son trazos na entrada e saída da letra, tendendo a inclinarse no ángulo natural da escrita.[1]

Terminoloxía editar

Adoitan confundirse as fontes en escritura itálica coa curisva, e nalgúns casos son sinónimos. Están aceptados os termos cursiva e itálica (tamén letra cursiva e letra itálica), pero rexéitase o termo "bastardiña", decalco do castelán.[2] Moitas fontes tipográficas, especialmente nas súas versións para ordenador, teñen a variante en lingua inglesa script (imitando a letra manuscrita). Algunhas itálicas poden ser máis cursivas ca outras, así como as romanas poden conter trazos caligráficos. No entanto, toda fonte itálica tende ser moito máis cursiva cás romanas.[3]

As primeiras itálicas producidas eran pouco inclinadas e eran deseñadas para seren utilizadas con romanas maiúsculas erectas. Hei exemplos de itálicas manuscritas do século XV sen inclinación.

 
Caracteres minúsculos e maiúsculos itálicos da familia Garamond
 
Caracteres minúsculos e maiúsculos romanos da familia Garamond

Historia editar

En 1501, Francesco Griffo (1450/1518) criou o "itálico tipográfico": tipos en metal inspirados nas letras cursivas das chancelarias italianas para a imprenta veneciana de Aldo Manuzio. Os tipos itálicos de Griffo economizaban espazo, en relación aos tipos romanos e foran utilizados para compor, en 1501, unha obra de Virxilio no obradoiro de Manúcio. O itálico foi criado, naquela época, para ser utilizado como fonte de texto e non como fonte auxiliar, como é utilizada hoxe.[4]

Griffo traballou xunto a Manúcio para desenvolver o primeiro tipo itálico baseado nas letras de chancelaria. As letras minúsculas da tipografía en metal itálica foran proxectadas para o seu uso en libros. A idea de Manuzio era a de usar os tipos itálicos para economizar espazo e manter o custo da produción baixo, grazas á economía de papel.[5]

En Portugal, é costume referirse á escritura itálica por grifo.[6]

 
Mostra da escrita de Niccolò de' Niccoli, que deu orixe ao tipo itálico

O tipo itálico foi utilizado por primeira vez por Aldo Manuzo na Imprenta Aldina en 1501 na edición de Virxilio.[7]

Baseado na escrita cursiva humanista orixinalmente desenvolvida nos anos 1420 por Niccolò de' Niccoli,[8] serviu como un tipo condensado para volumes simples e compactos.[9] As puncións para eses tipos foran cortadas por Griffo, tamén coñecido por Francesco da Bologna. En 1501, Aldo Manuzio escribiu ao seu amigo Scipio:

Nós imprimimos e publicamos agora as Sátiras de Juvenal e Persius nun formato moi pequeno, para que se manteña convenientemente nas mans e se aprenda de memoria (por non falar da lectura) por todos.

Diferentemente dos tipos itálicos de hoxe, as letras maiúsculas eran capitais romanas verticais, mais curtas que os ascendentes das letras itálicas minúsculas e foran producidas cerca de 65 letras con ligaduras nos libros Dante e Virgilio Aldinos de 1501.


Exemplos editar

Exemplos de textos en tipos romano e itálico verdadeiro:

 
Texto en romano e itálico da familia Garamond

O mesmo exemplo en oblicuo.

 
Texto romano e oblicuo ou cursiva; neste caso, inclinación forzada do tipo romano Garamond

Usos editar

Non hai ningunha regra gramatical internacional para usar o estilo de letra cursiva. A Universidade de Santiago de Compostela recolle no servizo de asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística unha serie de indicacións para grafar en itálica ou cursiva, resaltando que non están apoiadas nunhas normas fixas de validez internacional, senón que foi o costume o que impuxo unha serie de usos que na actualidade son respectados de forma xeral en toda a documentación.[10] A Galipedia ten unhas recomendacións de formato, incluíndo o uso das itálicas, no titorial de inicio.

No Brasil, os estándares ABNT recomendan o uso de cursiva para resaltar palabras ou frases nunha lingua estranxeira. En Portugal, as normas lexislativas do goberno apuntan ao uso da cursiva sempre que sexa necesario escribir unha palabra nunha lingua estranxeira,[11] práctica reflectida no Diário da República. No Diario Oficial da Unión Europea, a cursiva emprégase en palabras, frases ou puntos nunha lingua estranxeira intercaladas no texto portugués, castelán ou nos outros idiomas oficiais.[12]

Notas editar

  1. [Bringhurst, Robert. Elementos do Estilo Tipográfico. São Paulo: Ed. Cosac & Naify. 2005
  2. "bUSCatermos; cursiva, itálica". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-23. 
  3. [Bringhurst, Robert. Elementos do Estilo Tipográfico. São Paulo: Ed. Cosac & Naify. 2005
  4. "Francesco Griffo, (1450-1518) gravador de punções de Bologna, colaborador de Manutius". www.tipografos.net (en portugués). Consultado o 2022-07-23. 
  5. Clair, Kate. Manual de Tipografia; a historia, as técnicas e a arte. Bookman, 2009. ISBN 978-85-7780-371-2
  6. "Francesco Griffo, (1450-1518) gravador de punções de Bologna, colaborador de Manutius". www.tipografos.net. Consultado o 2022-07-23. 
  7. "Eats, Shoots & Leaves". Lynne Truss (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-23. 
  8. Berthold Louis Ullman, The origin and development of humanistic script, Roma, 1960, p. 77
  9. Updike, Daniel Berkeley (1922). Printing types, their history, forms, and use; a study in survivals. Cambridge : Harvard University Press; [etc., etc.] 
  10. "Os formatos gráficos - Criterios lingüísticos - USC". www.usc.gal. Consultado o 2022-07-23. 
  11. pdf Normas legais na elaboración de actos normativos polo XVII Goberno Constitucional, artigo 18.º (Expresións en linguas estranxeiras)
  12. gl-5010100 .htm Código de Redacción Interinstitucional. Anexo B1 Uso da cursiva

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.