Escomberesócidos

Os Escomberesócidos ou papardas (Scomberesocidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. Distribúense por augas superficiais temperadas e tropicais de tódolos océanos.

Paparda ou alcrique (Scomberesox saurus)

Características editar

O corpo é alargado, comprimido e cuberto de escamas pequenas, delgadas e caedizas. A cabeza tamén longa e comprimida, con ollos grandes e mandíbulas aguzadas, en pico, sendo o maxilar inferior lixeiramente máis longo có superior, e dotadas de pequenos dentes en toda a lonxitude.

Aleta dorsal e anal baixas, opostas e moi posteriores, seguidas dunha serie de 5-7 pínnulas; Aletas pectorais e pelvianas pequenas, estas últimas moi posteriores; aleta caudal bifurcada. Liña lateral aparente, con ata 148 escamas.

Non teñen vexiga natatoria e a lonxitude máxima rexistrada é duns 46 cm.

Clasificación editar

Existen só dous xéneros e catro especies:

  • Xénero Cololabis (Gill, 1896)
  • Xénero Scomberesox (Lacepède, 1803)
    • Scomberesox saurus (Walbaum, 1792) (alcrique)
    • Scomberesox simulans (Hubbs e Wisner, 1980)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar