A escalivada é un prato típico da Cataluña que contén verduras asadas: berenxena, pemento, cebola e tomate. O nome provén do verbo catalán escalivar que vén dicir ‘asar ao rescaldo’ e ten a súa orixe nas comunidades rurais. É un prato baixo en calorías e de alto contido en fibra.

Escalivada.

Características editar

As verduras ponse na grella ou no forno até ficaren asadas. Déixanse arrefriar, e deseguido esfólanse e tíranselles as sementes. Para servir córtanse en xuliana e aderézanse con aceite de oliva e sal. Adoitase engadir allo aos anaquiños. É un prato que se come a temperatura ambiente polo que o seu consumo adoita ser máis habitual nos meses do verán.

A escalivada pódese comer soa ou canda un prato principal (carne, peixe etcétera). Unha maneira típica de consumo é presentala nunha torrada de pan cuns filetes de anchoa. Outra das múltiplas presentacións é en forma de mousse ou de pastel.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar