Ernst Ludwig Kirchner

Ernst Ludwig Kirchner, nado en Aschaffenburg o 6 de maio de 1880 e finado en Frauenkirch (Suíza) o 15 de xuño de 1938, foi un pintor alemán, un dos máximos expoñentes do expresionismo e principal impulsor do grupo alemán Die Brücke ('A ponte').

Infotaula de personaErnst Ludwig Kirchner

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1880 Editar o valor em Wikidata
Aschaffenburg Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xuño de 1938 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Davos Frauenkirch, Suíza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWaldfriedhof Davos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLouis de Marsalle Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReich alemán Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Dresden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Dresden
Núremberg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , deseñador , debuxante arquitectónico , debuxante , escultor , fotógrafo , artista gráfico , ilustrador , artista visual Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enImperio colonial alemán Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Arte de paisaxes, pintura de xénero, nudez na arte, pintura de animais (pt) Traducir e Natureza morta Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo e expressionism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoErnst Ludwig Kirchner catalog (en) Traducir (1968) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaIrene Altman (en) Traducir (–1921)
Erna Schilling (pt) Traducir (1912–1938)
Doris Große (en) Traducir
Elsbeth Luebke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiErnst Kirchner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webernstludwigkirchner.com Editar o valor em Wikidata
Discogs: 2390547 WikiTree: Kirchner-774 Find a Grave: 222796017 Editar o valor em Wikidata
Autorretrato de Ernst Ludwig Kirchner caracterizado como un soldado, 1915

Traxectoria editar

En 1904 traballou no estudio de Wilhelm Debschitz e Herrmann Obrist e coñeceu o gravado en madeira. Neste mesmo ano participou nunha creación do grupo, de ideas revolucionarias e unha intensa actividade en común, aínda que non tiveron un recoñecemento inmediato. Kirchner comezou a pintar de forma autodidáctica ao tempo que estudaba arquitectura na Technische Hochschule de Dresden na que obtivo o diploma en 1905; tratou de derivar as formas naturais a simplificacións radicais, e mesmo ás veces, brutais.

En obras como Autorretrato con modelo (1907, Hamburgo), as súas liñas marcadas e as súas cores desentoadas crean un sentido de emoción violenta. O seu interese pola arte primitiva viuse reflectida tanta na súa obra como nos mobles e murais que fabricou para o estudio que compartía con Heckel nunha antiga carnizaría do barrio obreiro.

En outubro de 1911 trasladouse a Berlín onde pintou as obras máis significativas do expresionismo alemán e comezou a ter certo éxito que lle levou a ser seleccionado para o Armory Show (1913, exposición de arte contemporánea europea en Nova York).

Especialmente as obras máis características eran representacións de mulleres como Cinco mulleres na rúa, nas que se burla mediante a distorsión grotesca, da artificialidade amaneirada e da sociedade berlinesa.

En 1915 a súa saúde física e mental foise deteriorando e trasladouse a Davos, Suíza, onde viviu illado ata o final da súa vida. Comezou de novo a pintar e a escribir crítica de arte baixo o pseudónimo de Louis de Marsalle.

En 1937 os nazis, cando chegaron ó poder en Alemaña, considerárono un artista dexenerado e, confiscaron 639 das súas pinturas. Kirchner sufriu un recaída do seu estado depresivo e suicidouse en xuño de 1938.

A súa obra mantivo sempre a simplificación e a deformación expresionista da forma e o uso arbitrario da cor. Como os demais pintores expresionistas de Die Brücke, evolucionou desde un primeiro momento de influencia de Van Gogh a un estilo mas sintético e bidimensional, de pinceladas grosas e unha maior autonomía da cor.

A súa temática estivo nun principio dedicada á paisaxe, con ou sen figuras, e ó espido. Xa en Suíza pintou paisaxes nas que acentuou a compoñente mística.