Ernesto Sevilla

guionista e humorista español

Ernesto Sevilla López, nado en Albacete,[1] Castela-A Mancha, o 16 de maio de 1978, é un director, realizador, actor, humorista, guionista e presentador de televisión español.

Infotaula de personaErnesto Sevilla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Albacete, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Castela-A Mancha Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesVicente Casañ López (curmán) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1238859 Allocine: 265360 Allmovie: p634787
Instagram: ernestosevillaoficial Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Licenciado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Cuenca, comezou como guionista na canle Paramount Comedy en España e os seus compañeiros animárono a interpretar monólogos; de aí pasou a traballar no programa mensual de humor La hora chanante, onde compartiu protagonismo cos seus amigos Joaquín Reyes, Julián López, Raúl Cimas, Carlos Areces e outros actores. Un dos seus personaxes máis memorables no programa foi El Gañán, unha parodia dos típicos labregos ou xente sinxela de zonas rurais da Mancha, cos seus típicos falares, frases e expresións.

Pertence ó chamado "cuarteto de Albacete", un grupo de humoristas formado por el mesmo, Joaquín Reyes, Pablo Chiapella e Raúl Cimas.

Filmografía editar

Cinema editar

Ano Película Personaxe Director Xénero Duración
2023 La navidad en sus manos Salva Joaquín Mazón Comedia 1h 35m
2022 Camera Café: la película Director Ernesto Sevilla Comedia 1h 30m
2021 Descarrilados Pepo Fernando García-Ruiz Comedia 1h 38m
2020 Hasta que la boda nos separe Padre Marina Dani de la Orden Comedia 1h 50m
2019 Lo dejo cuando quiera Arturo Carlos Therón Comedia 1h 38m
2018 Poco Corriente (mediometraxe) Ernesto Sevilla Borja Cobeaga Documental 42 m
2017 Desalia la Película (curtametraxe) Sr. Melvin Ernesto Sevilla Comedia 13m
2016 Tenemos que hablar Lucas David Serrano Comedia romántica 1h 31m
Embarazados Tito Juana Macías Comedia romántica 1h 40m
2015 Vostok (curtametraxe) Nikolai Miquel Casals Ciencia ficción 14m
Rey gitano Mariano Juanma Bajo Ulloa Comedia 1h 56m
2015 ¿Viven? (curtametraxe) Gabriel Ernesto Sevilla Comedia 5m
2013 Gente en sitios Ernesto Sevilla Juan Cavestany Comedia 1h 23m
J. Kramer (curtametraxe) J. Kramer Ernesto Sevilla Comedia. Acción 3m
2011 La importancia de ser Ornesto (curtametraxe) Javier Sepúlveda Nacho Sinova Comedia 15m
Torrente 4: Lethal Crisis Camarero boda Santiago Segura Comedia 1h 33 m
2010 No controles Presentador das badaladas Borja Cobeaga Comedia romántica 1h 40m
El gran Vázquez Camarero Óscar Aibar Comedia 1h 46m
Campamento Flipy Cirilo Rafa Parbus Comedia 1h 21m
Un novio de mierda (curtametraxe) Novio Borja Cobeaga Comedia romántica 4m
2009 Spanish Movie Hombre bar 3 Javier Ruiz Caldera Comedia 1h 29m
Tritones, más allá de ningún sitio Julio Suárez Vega Comedia 1h 39 m
Pagafantas Primo 1 Borja Cobeaga Comedia romántica 1h 20m
2007 La gran revelación (curtametraxe) Scotty Santiago de Lucas Comedia 19m
1999 Cómo humillar al prójimo Chico leyendo Ernesto Sevilla Comedia 19m

Series de televisión editar

Ano Serie Cadea Personaxe Episodios
2002 - 2004 La hora chanante Comedy Central Varios personaxes 11 episodios
2007 - 2010 Muchachada Nui La 2 Varios personaxes 52 episodios
2009 Que vida más triste La Sexta Toni 1 episodio
2010 Impares Antena 3 Diego 1 episodio
Impares Premium Neox Diego 1 episodio
2010 - 2014 Museo Coconut Varios personaxes 33 episodios
2011 Plaza de España La 1 El Melenas 1 episodio
2013 - presente La que se avecina Telecinco Teodoro Rivas Latorre "DJ Theo" 45 episodios
2015 Anclados Bosco Figueroa Martorell 1 episodio
Retorno a Lilifor Neox Varios personaxes 7 episodios
2017 El fin de la comedia Comedy Central El mesmo 2 episodios
2018 - 2019 Capítulo 0 Movistar Plus+ Varios personaxes 10 episodios
2020 Válidas YouTube El mesmo 1 episodio
Por H o por B HBO España El mesmo 1 episodio

Programas editar

Datas Programas Cadea Función
2001 Nuevos cómicos Comedy Central Cómico
2004 - 2006 Noche sin tregua Colaborador
2006 - 2010 Cuatrosfera Cuatro Presentador
2005 - 2007 Smonka Comedy Central Presentador
2008 Salvemos Eurovisión La 1 Presentador
2009 Premios Goya 2008 Presentador
2010 Enjuto Mojamuto Online Actor de doblaje
2011 - 2016 El club de la comedia laSexta Cómico
2016 La noche de los Oscar Movistar Plus+ Colaborador
2018 Premios Goya 2017 La 1 Presentador
2018 - presente La resistencia Movistar Plus+ Colaborador

Outros traballos editar

Datas Outros traballos Tipo de produción Posto
2015 (7 episodios) Retorno a Lílifor Serie de televisión Guionista
Director
2010-2014 (33 episodios) Museo Coconut Guionista
Director
2013 J. Kramer Curtametraxe Guionista
Director
2009-2010 (20 episodios) Muchachada Nui Programa de televisión Editor
2007-2010 (52 episodios) Guionista
2007-2010 (49 episodios) Asistente de dirección
2008 (1 episodio) Soundtrack
2007 (1 performance) La crisis carnívora Soundtrack
2002-2006 (11 episodios) La hora Chanante Programa de televisión Guionista
2002-2006 (5 episodios) Director

Notas editar

  1. "Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala de los Goya 2018 » Premios Goya 2018". www.premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar