Erich von Däniken

escritor suízo

Erich Anton Paul von Däniken, nado en Zofingen o 14 de abril de 1935, é un autor suízo de varios libros que fan afirmacións sobre as supostas influencias extraterrestres na cultura humana primitiva, incluído o best-seller Erinnerungen an die Zukunft (1968). Von Däniken é unha das principais figuras responsables de popularizar as hipóteses do "paleocontacto" e dos antigos astronautas. As ideas expostas nos seus libros son rexeitadas por unha maioría de científicos e académicos, que clasifican o seu traballo como pseudohistoria, pseudoarqueoloxía e pseudociencia.[1][2][3] Ó comezo da súa carreira, foi xulgado e condenado por varios cargos de fraude ou malversación, e mesmo escribiu un dos seus libros na cadea.[4]

Infotaula de personaErich von Däniken

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Erich Anton Paul von Däniken Editar o valor em Wikidata
14 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Zofingen, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBeatenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollège Saint-Michel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPseudoarqueologia (pt) Traducir e teoria dos astronautas antigos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , mitógrafo , fotógrafo , escritor de ciencia ficción , Ufólogo , escritor de non ficción Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosCornelia von Däniken (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdaniken.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0902206 Allocine: 623100 Allmovie: p311563
Facebook: erichvondanikenofficial Twitter: vondaeniken Youtube: UC3qRYCKPYsxUlSetk7WJqKg Discogs: 507269 Editar o valor em Wikidata

O escritor foi acusado de plaxio pola súa obra The Gold of the Gods, onde utilizou fotografías sen permiso e adxudicouse unha expedición á cova dos Tayos, a cal se demostraría que foi falsa.[5]

Traxectoria editar

Von Däniken naceu en Zofingen (Suíza). Educado como católico estrito, asistiu á escola católica internacional de Saint-Michel, en Friburgo (Suíza). Durante o seu tempo na escola rexeitou as interpretacións da igrexa da Biblia, e desenvolveu o seu interese pola astronomía e o fenómeno dos pratos volantes.[6]

Á idade de 19 anos, Von Däniken foi condenado a catro meses de prisión por roubo.[6] Von Däniken deixou a escola e traballou como aprendiz dun hoteleiro suízo.[7] Traballou como empregado nun hotel en Exipto, onde foi declarado culpable de fraude e malversación de fondos.[6]

Máis adiante traballou como empregado do Rosenhügel Hotel en Davos (Suíza), período durante o que escribiu Erinnerungen an die Zukunft.[8] En decembro de 1964, von Däniken escribiu un artigo titulado «Hatten unsere Vorfahren Besuch aus dem Weltraum?» (‘os nosos antepasados foron visitados dende o espazo?’), para o xornal alemán-canadense Der Nordwesten.[9] O manuscrito de Erinnerungen an die Zukunft foi aceptado por un editor a principios de 1967, e impreso en marzo de 1968.[10]

En novembro de 1968 von Däniken foi arrestado por fraude, falsificación de documentos de hoteis e falsas referencias de crédito, para obter préstamos por valor de 130 000 dólares estadounidenses durante un período de doce anos.[6][10] Dous anos máis tarde, Von Däniken foi condenado por «repetida e mantida» malversación de fondos, fraude e falsificación; o fallo do tribunal alegaba que o escritor estivera vivindo unha vida ao estilo dun playboy.[10][11] Von Däniken entregou unha alegación en favor da nulidade da sentenza, sobre a base de que as súas intencións non eran maliciosas e que as entidades de crédito tiveran a culpa por non investigar adecuadamente as súas referencias fraudulentas.[6][10][11] O 13 de febreiro de 1970, Von Däniken foi condenado a tres anos e medio de prisión e unha multa de 3000 CHF (francos suízos).[10] Cumpriu un ano de condena antes de ser posto en liberdade.[6]

O seu primeiro libro, Erinnerungen an die Zukunft, fora publicado na data do seu xuízo, e as súas vendas permitíronlle pagar as súas débedas e deixar o negocio hoteleiro. Von Däniken escribiu o seu segundo libro, Gods from Outer Space, mentres estaba na cadea.[6][11]

Notas editar

  1. Fagan, Brian M. (2000). In the beginning: an introduction to archaeology (10th ed.). Prentice-Hall. pp. 17–18. ISBN 978-0-13-030731-6. … Flamboyant pseudoarchaeology of the type espoused by von Däniken and Hancock will always appeal to people who are impatient … 
  2. Orser, Charles E. (2003). Race and practice in archaeological interpretation. University of Pennsylvania Press. p. 73. ISBN 978-0-8122-3750-4. 
  3. Fritze, Ronald H. (2009). Invented Knowledge: False History, Fake Science and Pseudo-religions. Reaktion Books. pp. 13, 200, 201. ISBN 978-1-86189-430-4. 
  4. Lingeman, Richard R. (31 de marzo de 1974). The New York Times, ed. "Erich von Daniken's Genesis". p. 6. 
  5. Espinoza, Gustavo (19 de decembro de 2013). "Mundo oculto del mundo - Jaime Rodriguez - Cueva de los Tayos la verdad - Parte 3". Consultado o 27 de abril de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Entrevista en Playboy". Playboy 21 (8). agosto de 1974. 
  7. Story, Ronald (1976). The space-gods revealed : a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. pp. 1. ISBN 0-06-014141-7. 
  8. Story, Ronald (1976). The space-gods revealed: a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. ISBN 0-06-014141-7. 
  9. Krassa, Piter (1976). Disciple of the Gods: A biography of Erich Von Däniken. W.H.Allen & Co.,Ltd. p. 74. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Story, Ronald (1976). The space-gods revealed : a close look at the theories of Erich von Däniken. New York: Harper & Row. ISBN 0-06-014141-7. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Lingeman, Richard R. (31 de marzo de 1974). "Erich von Daniken's Genesis". The New York Times: 6.