Eric Schweig

actor canadense

Eric Schweig, nado como Ray Dean Thrasher en Inuvik, Territorios do Noroeste, Canadá, o 19 de xuño de 1967[1] é un actor coñecido polo seu papel de fillo de Chingachgook, Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos (1992).

Infotaula de personaEric Schweig
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Inuvik, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0777760 Allocine: 15716 Allmovie: p63972 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dunha muller inuit e dun pai de ascendencia portuguesa, alemá e senegalesa.[2] É o máis vello de sete irmáns que foron todos adoptados como parte dun intento marrado do goberno do Canadá en forzar aos fillos dos inuit e Primeiras Nacións para asimilarse á sociedade branca. A súa nai biolóxica morreu de alcoholismo en 1989 e el nunca chegou a coñecela. "Non bebeu nin unha pinga de alcohol ata que nos levaron", dixo Schweig. "Formamos parte de todo o programa de asimilación, quitado á forza, aínda que os meus pais adoptivos dixéronme que non".[3] Cando tiña seis meses, foi adoptado por unha parella franco-alemá de fala inglesa.[4] Pasou a súa infancia en Inuvik ata os seis anos, cando a súa familia se trasladou ás Bermudas. Despois volveron ao Canadá.

"Acabei cansando de vivir nunha prisión sen paredes e fuxín cando tiña 16 anos. O que aconteceu entre daquela e agora foi unha montaña rusa de alcohol, drogas, violencia, relacións fracasadas, desesperación e confusión. Quen son eu? De onde veño? Onde está a miña familia? A onde pertenzo? Cando o misterio da vida foi esnaquizado por estraños que vixían por ti, moitas destas preguntas pérdense".[5]

Eric fuxiu a Toronto, Ontario e en 1987, ós vinte anos de idade, un produtor de cine suxeriulle que fixera unha audición para o filme The Shaman's Source. A pesar de non ter formación no mundo do teatro, gañou o papel. Ese primeiro filme foi o que o lanzou á industria cinematográfica.

Os seus papeis máis memorables son o de Uncas, no filme O derradeiro dos mohicanos, e o de Pike Dexter, no filme Big Eden.

Filmografía editar

Ano Título Papel Notas
1990 The Shaman's Source Robert Crow
1992 By Way of the Stars Tormenta negra Miniserie de televisión
O derradeiro dos mohicanos Uncas
1993 For Love and Glory Moses Moon (TV)
The Broken Chain Joseph Brandt / Thayendanegea (TV)
1994 Squanto: A Warrior's Tale Epenow
Pontiac Moon Ernest Ironplume
1995 500 Nations (TV, voz)
Follow the River Wildcat (TV)
The Scarlet Letter Metacomet
Tom and Huck Injun Joe
1996 Red River Napoléon (TV)
Dead Man's Walk Buffalo Hump (TV)
2000 Big Eden Pike Dexter
2002 Skins Rudy Yellow Lodge
2003 Mr. Barrington Samuel
Cowboys and Indians: The John Joseph Harper Story Harry Wood (TV)
Desaparicións Pesh-Chidin
2005 Into the West Touro Sentado
It Waits Joseph Riverwind
Shania: A Life in Eight Albums Jerry Twain (TV)
2006 One Dead Indian Sam George (TV)
Indian Summer: The Oka Crisis Terry Doxtator (TV)
Not Like Everyone Else Tim Blackbear
Mr. Soul Steve Lonethunder
2007 Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Gall
2009 Cashing In Mathew Tommy Serie de televisión
Blackstone Xefe Andy
Kissed by Lightning Solomon "Bug" King
2010 A Flesh Offering Mishomis
Casino Jack Xefe Poncho
2013 Maïna Quujuuq
Longmire Dolan Lone Elk
2014 Elementary Leon Moody Tempada 3, episodio 6: Terra Pericolosa
2017 Supernatural Sarxento Joe Philips Tempada 13, episodio 6
2018 The Grizzlies Harry Aviak
2020 Barkskins Chief Tehonikonhraken Tempada 1, episodios 7 & 8
Brother, I Cry Dean
2023 Little Bird Asin Serie de televisión

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. Mike Antonucci, "An actor's odyssey: Drinking, homelessness preceded movie success", San Jose Mercury News, 25 de setembro de 2002 [1]
  2. RezolutionPictures (23 de xuño de 2023). "Meet Eric Schweig: Clip from COMING HOME (Wanna Icipus Kupi)". Consultado o 22 de xaneiro de 2024 – vía YouTube. 
  3. , "Urban NDN" xaneiro de 2009
  4. Inuvik Drum
  5. "Adoption Speech" 19 de febreiro de 1999, Vancouver Inner City Foster Care Conference, (Consultado o 11 de outubro de 2009)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar