Equidna de fociño longo de Attenborough

O equidna de fociño longo de Attenborough (Zaglossus attenboroughi), tamén coñecido como equidna de fociño longo de Sir Davis é unha das tres especies do xénero Zaglossus que vive en Nova Guinea. Recibe o seu nome na honra de Sir David Attenborough, o eminente naturalista. Vive nas Montañas Ciclopes en Papúa, provincia de Indonesia, preto das cidades de Sentani e Jayapura.

Equidna de fociño longo de Attenborough
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Monotremata
Familia: Tachyglossidae
Xénero: Zaglossus
Especie: Z. attenboroughi
Nome binomial
'Zaglossus attenboroughi'
Flannery e Groves, 1998
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

É o membro máis pequeno do seu xénero, sendo máis semellante en tamaño ó equidna de fociño curto que ós outros membros do seu xénero. O macho é meirande que a femia, e poden diferenciarse polas esporas das patas traseiras. O equidna non é un animal social, que só se xunta con outros da súa especie unha vez ó ano (en xullo) para emparellarse. A femia deposita os ovos despois de oito días, e as crías estarán na bolsa da nai preto de oito semanas ou ata que as súas espiñas se desenvolvan.

Ten hábitos nocturnos, e pode facerse unha bóla de espiñas cando se sente ameazado, de forma parecida a como o fan os ourizos. O equidna pesa entre 5 e 10 kg, e pode atoparse en toda Nova Guinea, sendo máis común nas zonas montañosas.[2]

Notas editar

  1. Leary, T., Seri, L., Flannery, T., Wright, D., Hamilton, S., Helgen, K., Singadan, R., Menzies, J., Allison, A., James, R., Aplin, K., Salas, L. & Dickman, C. (2008). "Zaglossus attenboroughi". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 December 2008.  Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered.
  2. "New hope over 'extinct' echidna". BBC News. 15 de xullo de 2007. Consultado o 23 de maio de 2010.