Epyx, Inc. foi unha empresa de desenvolvemento e publicación de videoxogos, fundada en 1978, declarouse en quebra en 1989, e desapareceu en 1993.

Epyx
Logo
Tiponegocio, empresa, desenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Data de fundación1978
Data de disolución1993
Fundador(es)Jon Freeman
SedeSan Francisco
PaísEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa fundación data de 1978 co nome de Automated Simulations, os seus fundadores foron Jim Connelley e Jon Freeman. O seu primeiro traballo, Starfleet Orion (videoxogo de estratexia e ficción científica para dous xogadores), foi programado en BASIC nun Commodore PET, o xogo foi portado facilmente a outras plataformas, comezando polo TRS-80 e, a continuación, o Apple II, este último con gráficos rudimentarios.

O seu segundo traballo titulouse Invasion Orion, un videoxogo similar pero que incorporaba a posibilidade de ter un rival controlado polo computador, para que non fixeran falla dous xogadores humanos.

O seu primeiro éxito chegaría en 1979 con Temple of Apshai, cualificado coma o mellor xogo de ordenador por practicamente tódalas revistas da época, pronto se portou a outros sistemas, como o Atari 400/800 e o Commodore 64. A compañía seguiu lanzando videoxogos baseados no mesmo motor de xogo, todos cunha boa aceptación, o que lles permitiu explorar o xénero de acción con títulos como Star Warrior ou Crush. Estes xogos de acción xa foron lanzados baixo a submarca Epyx, deixando de lado o nome de Automated Simulations.

Baixo esta nova marca editáronse títulos de grande éxito como Jumpman, o que non foi impedimento para que a compañía se centrase nos videoxogos de acción, que tan populares se estaban facendo por aquela época. Dese cambio de rumbo chegaría outro grande éxito, Impossible Mission, un videoxogo de espías que mesturaba varios xéneros e que tiña un autoxerador de niveis que foi toda unha innovación. Outro xénero de xogos que Epyx explotou foi o dos simuladores deportivos, tendo éxitos coma Summer Games, World Games ou o popular California Games.

Epyx continuaría realizando títulos con acordos con outras compañías, facéndose cos dereitos de Hot Wheels, Barbie ou GiJoe, e conseguindo a distribución dos seus produtos en Europa co seu acordo coa empresa US Gold.

Epyx tamén se interesaría no desenvolvemento de hardware creando unha liña de joysticks e deseñando Handy, unha videoconsola portátil que, debido aos seus altos custos de produción, non chegou a ver a luz, cedendo os dereitos a Atari, que crearía a Atari Lynx baseándose neses deseños.

Os problemas para Epyx comezaron en 1987 cando tivo un enfrontamento legal con Data East. Ese ano Epyx publicou Karate Championship e Data East acusouna de plaxio polas múltiples referencias que había co seu videoxogo Karate Champ.

En 1989 declarouse en bancarrota, debido aos custos dos enfrontamentos legais, pechando definitivamente en 1993. A compañía foi vendida a Bridgestone Media Group.

En 2006 os dereitos sobre algúns videoxogos de Epyx foron adquiridos por System 3, co obxectivo de ir desenvolvendo diferentes "remakes".

Lista de xogos editados editar